Feira GALIFOREST Abanca 2024

Data: do 27 ao 29 de xuño de 2024

Modalidade: Presencial. Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón)

Organiza: Abanca, co apoio da Xunta de Galicia

Descrición: Consolidada como a maior feira forestal de España, GALIFOREST celebra a súa sétima edición cuxos obxectivos principais céntranse en continuar coa progresión experimentada nos últimos anos e en avanzar nunha crecente internacionalización.

Durante tres días será o punto de encontro para empresas e profesionais de todos os elos da cadea monte-industria.

Taller para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IEE)

Data: do 20 de xuño ao 9 de xullo de 2024

Modalidade: Online (a través da plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es)

Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)

Obxectivos: Elaborar, a través dun taller práctico, o Informe de Avaliación de Edificios dun edificio real, neste caso, do edificio Apolo, de Santiago de Compostela. 

Os principais fins que articulan a metodoloxía plantexada son:

  • Que os alumnos coñezan e poidan participar no proceso completo, desde a fase de toma de datos previa ata o documento finalizado, pasando pola visita de inspección, análise dos datos recollidos e propostas finais.
  • Propoñer unha metodoloxía de traballo para a elaboración do IEE.
  • Analizar, debater e concluír cales son as medidas para subsanar as deficiencias de conservación así como as medidas de adecuación viables de accesibilidade.
  • Redactar o IEE empregando a ferramenta do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Máis información e inscricións: https://www.coag.es/formacion/info.asp?id_curso=689

Curso Cálculo de Estruturas de Madeira

Data: 13 de Xuño ao 20 de Xullo 2024 (xoves, venres e sábado)

Modalidade: Presencial (Campus de Lugo)

Organiza: Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE), coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)

Dirixido a: alumnos que superaran as materias de estruturas dagún título de grao, máster ou equivalente.

Contido Informativo: Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permite un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento dos exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.

Máis información e inscricións:  www.pemade.com/_files/ugd/383079_d5e8928d8ea14137a92aa56e79725d45.pdf

 

 

Faladoiros sobre Madeira con Arrokabe Arquitectos

Data: Xoves, 13 de xuño de 2024

Modalidade: Presencial. Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15, Santiago de Compostela)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica

Colaboración: Arrokabe Arquitectos

Descrición: A finalidade deste faladoiro é compartir experiencias e reflexionar sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en madeira.

Emulando ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela e que reunían aos grandes intelectuais da época, estes faladoiros buscan fomentar un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.

Con esta filosofía, Óscar Andrés e Iván Andrés, Arrokabe Arquitectos, compartirán as solucións empregadas e os retos que superaron en diferentes intervencións onde a madeira ten un protagonismo destacado.

Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura ou a descarbonización dos edificios, entre outros. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.
 

Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc2fpMMKVV3UinI2Sj67U0O4RWz96BuLudbuFurTJtVfZXv_g/viewform

III Congreso Ibero-Latinoamericano da madeira en construción

Data: do 10 ao 14 de xuño de 2024

Modalidade: Presencial, Universidade Politécnica de Madrid

Organiza: Grupo de Investigación Construción con Madeira, da Universidade Politécnica de Madrid

Descrición: Esta edición preséntase como unha edición transoceánica e transcontinental, que se ofrece a América e a Europa como unha ponte aberta a unhas posibilidades enormes de cooperación científica, tecnolóxica e comercial. 

Nun momento no que a madeira ábrese paso decidido como material eficiente e sostible, o reto consiste en desenvolver tecnoloxía, enxeñería, produtos, ferramentas, deseño e arquitectura cada vez máis eficientes e respectuosos. 

Nesta edición, técnicos do CIS Madeira forman parte do Comité Científico.

Máis información e inscricións: www2.montes.upm.es/CIMAD2024/

IV Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada

Data: do 27 ao 31 de maio de 2024

Modalidade: Presencial. Fundación Laboral da Construción, Lugo

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, Fundación Laboral da Construción coa axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia

Dirixido a: Traballadores en activo do sector da construción con experiencia previa como operarios de obra, preferentemente en montaxe doutros sistemas estruturais de madeira

Obxectivos: Formar na xestión e montaxe de obras de CLT de maneira que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios, así como as medidas de protección de saúde necesarias para realizar a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometelos con éxito en obra.

Data límite de inscrición: 22 de maio ou ata completar prazas (12 en total)

CONSULTAR O PROGRAMA COMPLETO

INSCRICIÓNS

 

CONSTRUMAT 2024

Data: do 21 ao 23 de maio de 2024

Modalidade: Presencial, Recinto Gran Vía, Barcelona

Organiza: FIRA Barcelona

Descrición: En Construmat están convencidos que a construción e a rehabilitación son unha peza clave para afrontar os retos sociais, económicos e medioambientais actuais, poñendo o foco na sustentabilidade.

Nesta cita, amosaranse as solucións que apostan pola accesibilidade, a eficiencia enerxética ou os materiais de proximidade para mellorar a vida das personas. Esta cita conecta miles de profesionais de todo o ecosistema do sector coas novidades e innovacións que son un éxito no mercado.

Máis información: www.construmat.com

Segunda convocatoria para participar en visitas de aprendizaxe sobre arquitectura e contorna construída, no marco de Living Spaces

Living Spaces-Cities and regions shaping the buitl environment for everyone, financiado polo programa Creative Europe da Unión Europea e implementado por Eurocities e o Consello de Arquitectos de Europa, lanza a segunda convocatoria desta serie de visitas de aprendizaxe entre colegas da arquitectura e o urbanismo.

A segunda convocatoria está aberta ata o 13 de maio de 2024 e cubrirá as seguintes visitas: Oulu (Finlandia); Vilna (Lituania); Malmo (Suecia); e Gdansk (Polonia).

Con estas visitas, destinadas a coñecer as boas prácticas identificadas en espazos habitables, preténdese intercambiar coñecementos, compartir experiencias e aprender doutros profesionais e expertos sobre como planificar e implementar políticas e proxectos arquitectónicos de alta calidade.

Os destinatarios desta iniciativa é o persoal da Administración dunha cidade ou rexión e profesionais da Arquitectura e da planificación urbana.

Máis información e inscricións: https://culture.ec.europa.eu/calls/second-call-for-participants-for-living-spaces-peer-learning-visits-on-architecture-and-the-built-environment

ARCHITECT@WORK Madrid 2024

Data: 8 e 9 de maio de 2024

Modalidade: Presencial (IFEMA, Madrid)

Organiza: IFEMA

Dirixido a: Arquitectos, interioristas, deseñadores de exterior e interior, enxeñeiros, urbanista e outros expertos en construción.

Descrición: O seu formato único inclúe unha selección coidadosa de produtos e materiais innovadores, así como áreas de exposición con stands compactos. Ademais, foméntase o intercambio de ideas e a colaboración entre os participantes mediante a organización de relatorios, presentacións e actividades de networking.

"Materiais saudables" é o lema desta edición, que non só se refire ao material e á súa fabricación, senón tamén a todos os procesos que involucran a produción dun produto.

Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación

Data: Do 26 de abril de 2024 ao 16 de novembro de 2024 (venres e sábados)

Modalidade: Presencial (Centro de Formación de Santiago da Fundación Laboral da Construción) e Online

Organiza: Fundación Laboral da Construción coa colaboración do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela

Dirixido a: profesionais e técnicos de edificación coa necesidade de adquirir o ben actualizar os seus coñecementos na conservación, restauración e rehabilitación. 

Obxectivos do Curso: Dar a coñecer ao alumnado, as particularidades das obras de rehabilitación de edificios protexidos, con formulacións de sustentabilidade, eficiencia enerxética e respecto patrimonial.

Máis información e inscricións: https://www.fundacionlaboral.org/uploads/documento/applications/ARCH660ff1863ea63.pdf