Descrición
Existen varias hipóteses sobre os motivos da construción do Pavillón. Construíuse durante o funcionamento do Seminario Maior no Século XIX. Debido ás relacións e compromisos con institucións de Santiago de Compostela, presumiblemente co Programa de Exposicións Rexionais de 1858 e/ou 1909, posto que hai noticias da colaboración dos espazos de San Martín Pinario. O programa da exposición regulaba os produtos elexibles para o concurso e sábese que o claustro procesional do monasterio considerouse apropiado para parte da sección cultural.
Neste contexto, o Pavillón estaba a disposición de ser empregado para as Exposicións como espazo complementario para os usos do Seminario en etapas posteriores. Os valores históricos continuaron enmarcados naquel momento coa construción do Pavillón, co desexo de ofrecer o inmoble, a súa singularidade e o seu percorrido histórico, así como as súas características de uso, artísticas e arquitectónicas, participando activamente do feito social das Exposicións Rexionais, coincidentes co elevado número de exposicións.
O proxecto enfocou a rehabilitación-restauración do pavillón historicista para albergar de novo os usos culturais, fundacionais do mesmo, desde os tres valores fundamentais da New European Bauhaus (sustentabilidade, estética e inclusión) e asumindo os retos do Pacto Verde Europeo.
A proposta de actuación no Pavillón recupera a arquitectura propia desta tipoloxía construtiva, liberando os espazos ocupados, poñendo en valor a linguaxe arquitectónica que combinaba a versatilidade dun espazo diáfano co emprego dun estilo enlazado coa tendencia europea da época.
Na intervención, recupérase e amplíase a cuberta a dúas augas sobre un muro de mampostería e piares de fundición de estilo modernista. A estrutura componse de repetición de cerchas formadas por pares, tirante e pendolón, fabricadas en viga laminada de piñeiro radiata nacional e reforzadas con ferraxería metálica.
Forxado realizado en paneis de CLT de 150 mm de piñeiro radiata nacional, atirantado á estrutura de cuberta e fixado mediante un anelo perimetral de perfil UPN metálico.
A envolvente exterior executouse mediante unha galería composta por montantes verticais e horizontais, fabricados en viga laminada de piñeiro radiata.