Peregrino Sobrado. Rehabilitación de edificación existente destinada a pensión de 2* vinculada ao peregrino

Ficha técnica

Autores:

Estévez e González Arquitectos (Miguel Estévez e Luciano González)

Colaboradores:

Gabriel Alarcón Sabarís

E3 arquitectos e EeG arquitectos

Calcugal

Cálculo estructura de madeira:

E3 arquitectos e EeG arquitectos

Promotor:

Abeiro da Loba

Situación:

Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Ano:

2017

Fotografía:

Héctor Santos Díez

Descrición

A intervención céntrase na rehabilitación dunha casa labrega do século XVIII e a súa contorna para pensión vinculada ao camiño de Santiago na súa variante norte. Situada nos arredores do núcleo tradicional de Madelos, en Sobrado dos Monxes, e limítrofe co concello de Boimorto. A proximidade ao Camiño de Santiago na súa variante norte, a 40 metros.

A edificación tivo diferentes ampliacións ao longo do tempo, ata a década dos 70 na que se abandona polo seu mal estado. Durante este tempo, a estrutura de madeira vaise deteriorando e parte dos muros de lousa colapsan. O proceso de abandono, ao igual que en moitos núcleos rurais polo éxodo do rural ao urbano, fai que se transforme a paisaxe. Así, os cambios sociais e culturais formalizan a paisaxe.

Do Prado ao Souto

1970- Prado- Relación íntima entre o prado-actividade-vivenda-edificación

2000- Souto- Desvinculación entre o souto e a edificación

Volver a vincular a edificación coa contorna.

Recuperar o acceso desde o norte como unha continuación do camiño.

A edificación como transición, a través dun gran espacio en planta baixa, cara o claro no bosque.

Consérvase todo o que se pode da edificación tradicional e os engadidos por funcionalidade como as habitacións en planta baixa ou o incremento en altura pénsanse como facer case nada.

Estratexias na contorna rural

Intervense en elementos característicos da edificación e a súa contorna. Co fin de poñer en valor, mediante a recuperación, reutilización e a proposición de novos elementos.

Estas accións teñen o fin de forzar a mencionada reciprocidade intentando difuminar a liña entre o patrimonio construído e a paisaxe.

Estas accións son:

  • Recuperación da lareira

  • Conservación do desnivel entre cociña e cortellos

  • Reutilización de restos do antigo forno

  • Reutilización da maseira

  • Recuperación de base de hórreo de madeira desaparecido

  • Recuperación da canle do antigo muíño

  • Recuperación de camiño e muro tradicional de pedra en seco

  • Deseño dunha cadeira denominada hatillo

O resto de accións foron colocar as antigas vigas da ruína para marcar a zona de aparcamento e reutilizar os dinteles de pedra deteriorados na pavimentación da contorna. 

A rehabilitación elévase nas zonas con necesidade de altura e ábrese cara o sureste, como consecuencia dos muros desaparecidos ou irrecuperables.

Coa finalidade de xerar esa mirada recíproca mediante estrutura, transparencia e materiais tradicionais, apoiados sobre os muros recuperados.

Estas novas formas aprovéitanse para xerar sistemas climáticos pasivos, mediante vidros que controlan a temperatura, cunha parra de folla caduca para control solar, a poza de auga xerando inercia térmica e a ventilación cruzada.

En planta baixa o camiño márcase no pavimento interior na búsqueda do claro do bosque, atravesando a estancia diáfana central.

En planta primeira, un corredoiro común na contorna da superficie acristalada volcada á terraza distribúe as habitación.

Buscouse a transparencia e a sinceridade construtiva, baseadas no sentido común da arquitectura popular.

Ao atardecer, na oscuridade do souto, a edificación maniféstase como un pequeno faro que volve a equilibrar a sinerxía doutrora, entre a contorna e a construción, formando un todo de instantes dunha realidade cambiante.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Accésit Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2020
  • Seleccionado como mellores proxectos de arquitectura en madera do ano (AITIM) 2020

Biblioteca Pública de Baiona

Ficha técnica

Autores:

Proxecto de execución: Murado Elvira Arquitectos con Ola Estudio

Arquitecto técnico:

Enrique Ramos

Colaboradores:

Eugenia Concha e Marta Colón de Carvajal (colaboradores concurso)

Franceso Martones, Christine Gutiérrez-Chevalier

Obradoiros de Enxeñeiros (enxeñeiro)

Cálculo estructura de madeira:

Ezequiel Fernández Grinda

Construtora:

Construcións Orega / Coviastec

Situación:

Baiona, Pontevedra

Ano:

2018

Superficie:

1.076 m2

Fotografía:

Imagen Subliminal

Héctor Santos-Díez

Descrición

A Biblioteca Municipal e Arquivo Histórico de Baiona ubícase no antigo Hospital Sancti Spiritus, construído no século XVI na antiga Colexiata de Santa María. Trátase dun edificio dos dúas plantas incrustado na pendente do casco histórico, que conta cun xardín cunha horta e o seu corresponte pozo, e un patio interior. Dentro do patio atópanse dúas escaleiras de acceso á planta primeira e dúas tallas en pedra: un peregrino e unha efixie do Apóstolo Santiago.

A intervención pretende organizar o novo programa de biblioteca e arquivo dunha maneira clara e sinxela. Desde o punto de vista patrimonial, a súa ambición é recuperar o protagonismo perdido dos singulares espazos exteriores, patio e xardín, debido ás numerosas transformacións sufridas ao longo do tempo.

En planta baixa, un gran zaguán atravesa lonxitudinalmente o edificio e ordena todas as circulacións da biblioteca. Como unha rúa interior, comunica a entrada principal coa saída. Este groso muro de sillares de granito acolle as fiestras existentes, os accesos a outras estancias e un novo nicho para sentarse e reúne as diversas pezas arqueolóxicas halladas no edificio orixinal. Fronte a el, un volume de madeira agrupa o programa de Arquivo Municipal, os servizos e o ascensor.

A sala polivalente e a biblioteca infantil ábrense directamente ao patio e a súa actividade pode estenderse ao exterior. Unha serie de curvas de distintas aperturas definen o perímetro da sala infantil para adaptarse á fragmentada xeometría orixinal e conferirlle unha identidade propia. Este paramento curvo incorpora as estanterías e deixa pequenos intersticios ocultos detrás da dobre pel de madeira, como un guiñol ou o gardarroupa. 

A porta de entrada desde o zaguán de acceso é unha grosa estantería pivotante, unha porta segreda que queda integrada co resto de estanterías cando está pechada. Paredes e teitos, tamén de madeira, perfóranse cunhas aspas para resolver as tomas de ventilación. Os nenos poden sentarse no solo, terminado cun material téxtil, que se plega sobre os paramentos verticais para formar pequenos planos inclinados sobre os que recostarse. 

Algunhas solucións de planta baixa anuncian o tratamento da biblioteca na planta superior, como as perforacións circulares da porta de acceso e o cerramento lateral da escaleira ou o tratamento material e espacial da sala infantil.

A organización de planta primeira tamén para a sala de lectura, que discorre sen interrupcións ao seu ao redor. Unha dobre envolvente de madeira de arce delimita por completo esta sala e xera unha banda funcional concéntrica de espazos interticiais como cabinas de estudo individual, aseos, despachos e área de lectura informal. O solo está resolto co mesmo material que os paramentos verticais, así como a cuberta interior, que se triangula para adaptarse ás necesidades técnicas e dimensionais da estrutura e as instalacións.

O grosor deste porche evidénciase nos lucernarios de cuberta, grandes troncos de cono brancos e, nas salas perimetrais, que, como os antigos gabinetes de lectura relixiosa, adósanse á fachada do vello edificio.

As fachadas interiores recórtanse, perfóranse e inscríbense para conectar os espazos a un e outro lado e para construír ámbitos de identidade propia. O espazo resultante, definido por unha envolvente monomaterial, é gráfico e espacial. A súa escala fluctúa con ambigüedade entre a condición afectiva e doméstica do moble e o gran arca que acolle no seu interior individuos e materiais heteroxéneos.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Gran de Área 2018
  • Finalista Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo
  • Nominación Premios Mies van der Rohe
  • Finalista nos Premios Lledó de Arquitectura Ibérica

Centro Cultural Forges

Ficha técnica

Autores:
Colaboradores:

Estudios Inimatec S.L.

Cálculo estructura de madeira:

Timbersoul by Cándido Hermida S.L.

Promotor:

Concello de A Fonsagrada

Construtora:

Héctor Álvarez Díaz

Situación:

A Fonsagrada, Lugo

Ano:

2024

Fotografía:

Luis Díaz Díaz

Descrición

A Antiga Casa Consistorial de A Fonsagrada, en desuso desde o ano 2015, convértese  con este proxecto no espazo no que o Concello poderá mostrar á sociedade a colección que lle foi doada polo debuxante Antonio Fraguas "Forges" tralo seu falecemento en 2018.

A proposta para o Centro Cultural Forges profunda nalgúns dos conceptos básicos de intervención no patrimonio construído. A lectura e a análise das diferentes etapas, usos e intervencións que se sucederon no edificio permiten detectar cales aportaron valor e cales xogaron en contra das lóxicas orixinais da construción. Neste sentido, o primeiro traballo a realizar foi de limpeza e selección, así como de consolidación dos elementos estruturais deteriorados.

Por outro lado, un dos grandes retos de introducir un uso museístico nunha construción deste tipo foi a adaptación da preexistencia á normativa vixente, sobre todo no que respecta a cuestións de accesibilidade, protección contra incendios, control de temperatura e humidade ou eficiencia enerxética.

Así, recuperouse o patio orixinal da construción que foi cuberto cunha bóveda de metacrilato na década dos 90, delimitándoo coa aparición dunha nova fachada formada por elementos estruturais de madeira de castaño laminado que funciona, ademais, como dispositivo de control e captación solar. Xa no interior, aprovéitanse os espazos xerados polos muros de mampostería existentes para desenvolver o programa de necesidades da maneira máis elemental posible, engadindo exclusivamente un núcleo de circulacións e outro de servizos.

A planta baixa enténdese como un espazo de relación coa rúa, en pleno Casco Histórico da vila e xunto ao Camiño Primitivo de Santiago. Deste modo, nela localízanse a futura oficina de turismo de turismo, o vestíbulo do Centro Cultural e unha exposición que poden funcionar de maneira conxunta ou independente. 

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Arquitectura en Madeira Sostible PEFC (2025)
  • Finalista nos Premios Arquitectura 2025
  • Finalista Premios COAG de Arquitectura 2025

Visita ao Centro de Saúde de Moaña, de Iglesias Veiga Arquitectos

Data: martes, 7 de abril de 2026

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Lugar: Centro de Saúde de Moaña (Av. de Concepción Arenal, 29, Moaña)

Hora: 17:30 horas

Descrición: O CLuster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza esta visita técnica que trata de ser unha experiencia inmersiva de aprendizaxe e diálogo sectorial. Os autores desta obra, Iglesias Veiga Arquitectos, explicarán as decisións proxectuais e estruturais adoptadas e analizarán os retos técnicos, normativos e construtivos.

Máis información e inscricións

Curso en Cálculo de Estruturas de Madeira 2026

Data: xuño e xullo de 2026

Organizan: Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural, Pemade, e a Axencia Galega da Industria Forestal, XERA

Lugar: Laboratorio de Ensaios de Estruturas do Campus Terra, da USC

Descrición: Proposta formativa orientada ao deseño, análise e coñecemento estrutural da madeira desde un enfoque eminentemente práctico. Conta cun total de 100 horas baseadas na resolución práctica de proxectos, a aprendizaxe aplicada de conceptos teóricos e o uso de software especializado. O programa inclúe ademais contacto directo co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.

Máis información e inscricións

Galibuild 2026. II Foro da Construción Industrializada

Datas: 12 e 13 de marzo de 2026

Lugar: Edificio Bandalux (Rúa do País Vasco, 7, Santiago de Compostela)

Organiza: Fundación Galicia Constrúe

Descrición: Encontro que se consolida como un espazo estratéxico para o intercambio de coñecemento, experiencias e tendencias entre todos os axentes que forman parte do proceso construtivo. 

O programa inclúe relatorio técnicos, mesas redondas, espazos de networking e zona expositiva, abordando os principais retos e oportunidades da construción industrializada.

INSCRICIÓNS

Microcredencial de Deseño de Edificación Industrializada con Madeira UDC

Datas: finais de febreiro e finais de xuño de 2026

Organiza: Escola de Arquitectura da Coruña

Horario: de 15:00 a 19:00 horas

63 horas presencial (na ETSAC) e 12 horas online.

Descrición: A finalidade desta formación é ofrecer a profesionais da arquitectura, enxeñería e construción unha visión global e moderna do estado da arte da construción industrializada en madeira, específica para proxectos de edificación.

Faladoiro CMD con Jorge Salgado Cortizas

Data: martes, 24 de febreiro de 2026

Hora: 18:00 horas

Lugar: A Casa do Taberneiro, Santiago de Compostela

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica

Descrición: Os Faladoiros son unha oportunidade real de encontro entre profesionais: un momento para contrastar puntos de vista, debater sobre os retos da arquitectura e a rehabilitación, falar de formación, tendencias, descarbonización... e, sobre todo, conectar con outros profesionais do sector nun ambiente cercano e distendido.

Nesta ocasión, o arquitecto Jorge Salgado Cortizas compartirá a súa experiencia, criterios e aprendizaxes en diferentes proxectos realizados en madeira.

Invitación e inscricións

Egurtek 2026, Foro Internacional de Arquitectura e Construción en Madeira

Datas: 28 e 29 de outubro de 2026

Lugar: Bilbao Exhibition Centre

Descrición: Foro internacional de referencia en arquitectura e construción en madeira que reúne a arquitectos, enxeñerías, empresas, centros tecnolóxicos e administracións para compartir coñecemento técnico, innovación e boas prácticas.

O seu programa combina relatorios maxistrais, presentación de proxectos emblemáticos, debates sobre sustentabilidade, industrialización e normativa, e un espazo expositivo con solucións e materiais avanzados en madeira. Egurtek impulsa a transferencia de coñecemento e posiciona a madeira como material estratéxico para unha construción baixa en carbono e de alto valor arquitectónico.

Máis información

6º Fórum Internacional de Construción con Madeira

Datas: 3 e 4 de xuño de 2026

Lugar: Palacio de Congresos Baluarte, Pamplona

Descrición: Encontro de referencia para analizar o papel da madeira técnica na edificación residencial, social e industrial. Nun contexto marcado pola escasez da vivenda e o obxectivo europeo de reducir as emisións do sector, o evento reunirá a profesionais que exploran solucións industrializadas con madeira para abordar tanto a asequibilidade como a redución da pegada ambiental das construcións.

Máis información e inscricións