Taller para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IEE)
Data de inicio
20/06/2024
Data de fin
09/07/2024
Categoría Publicación
Modalidade Publicación
Data: do 20 de xuño ao 9 de xullo de 2024
Modalidade: Online (a través da plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es)
Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
Obxectivos: Elaborar, a través dun taller práctico, o Informe de Avaliación de Edificios dun edificio real, neste caso, do edificio Apolo, de Santiago de Compostela.
Os principais fins que articulan a metodoloxía plantexada son:
- Que os alumnos coñezan e poidan participar no proceso completo, desde a fase de toma de datos previa ata o documento finalizado, pasando pola visita de inspección, análise dos datos recollidos e propostas finais.
- Propoñer unha metodoloxía de traballo para a elaboración do IEE.
- Analizar, debater e concluír cales son as medidas para subsanar as deficiencias de conservación así como as medidas de adecuación viables de accesibilidade.
- Redactar o IEE empregando a ferramenta do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Máis información e inscricións: https://www.coag.es/formacion/info.asp?id_curso=689