Sistema EcoTimberCell

EcoTimberCell é un sistema construtivo formado por tres produtos: ETC, ETC Frame e ETC Box. O elemento máis sinxelo é un elemento estrutural lineal (viga/vigueta) alixeirado, en forma de tubo rectangular, formado por dúas pezas de madeira maciza (posibilidade de distinas especies) e taboleiro de fibras de alta densidade (hardboard) de Betanzos HB.

Con distintas configuracións da célula ETC e taboleiros, fórmanse os outros dous produtos: ETC Frame para muros lixeiros de madeira e ETC Box para forxados de altas prestacións. Trátase dun sistema de construción alixeirado e libre de formaldehido engadido porque o taboleiro de fibras non contén adhesivos sintéticos xa que o aglomerante é a propia lignina da madeira.

Trátase dun sistema eficaz que optimiza ao máximo o volume de madeira necesario, chegando ao 80% de aforro respecto a unha viga maciza para prestacións estruturais equivalentes. 

A súa prefabricación garante a súa precisión e rápida montaxe en obra, con residuo mínimo. A súa estrutura oca facilita a montaxe. 

XIII Meeting Point Lignum, Encontros Online de Innovación en Madera

Data: 24 e 25 de abril de 2024

Modalidade: Online (www.meetingpointlignum.com)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica

Dirixido a: arquitectos, carpinteiros, enxeñeiros, deseñadores e empresas do sector da madeira. A toda a poboación con interese en coñecer máis sobre a madeira e os seus usos construtivos.

Obxectivo: Ser punto de encontro para os profesionais interesados en coñecer novos usos e exemplos de éxito en construción e rehabilitación con este material. Haberá dúas conexións ao día, ás 12:00 e ás 16:00 horas, puidendo consultar as intervencións cando se desexe a través da propia web e do canal de Youtube do CMD.

Relatores:

  • Goretti Díaz. "Tradición e futuro". Intervención: mércores, 24 de abril, ás 12:00 horas. 
  • Nacho Lechón, Ábaton Arquitectos. "Aprendizaxe da construción en madeira durante más de 15 anos en Ábaton". Intervención: mércores, 24 de abril, ás 16:00 horas
  • Marta Trigás. "Procesos (problemas) progresos". Intervención: xoves, 25 de abril, ás 12:00 horas
  • Trespes.arquitectos. "Máis con menos madeira.". Intervención: xoves, 25 de abril, ás 16:00 horas.

Consultar o programa

Consulta

Somos propietarios dunha casa antiga con estrutura e solos de madeira en A Mariña lucense. Necesito contactar con algún profesional ou empresa especializada na valoración e tratamento ou sustitución de estruturas de madeira contra a acción de xilófagos.

RESPOSTAS

RESPOSTA DO EXPERTO

Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Moitas grazas pola súa consulta. En Galicia contamos con diferentes profesionais que poderían axudarlles con este dúbida. Achegámoslles dous deles que, agardamos, poidan axudarlles na súa consulta.

 

Pablo Alonso Parracía

Empresa: Madeira Arquitectura
Teléfono: 686 49 03 07 Email: pablo@madeiraarquitectura.com | Rúa Ferrería 25, 36202, VIGO

Consultar web I Perfil Linkedin

 

David Lorenzo Fouz

Empresa: David Lorenzo Timber Consulting
Email: davidlorenzofouz@gmail.com
Perfil Linkedin

 

"A Xunta de Galicia non se fai responsable do contido da resposta. Esta foi elaborada polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia en base á súa experiencia e relación cos prescritores".

COMENTARIOS

FIMMA-Maderalia

Data: do 14 ao 17 de maio de 2024

Modalidade: Presencial, Feira Valencia (Avda. de las Ferias, s/n, Valencia)

Organiza: Feira de Valencia

Ámbito: Internacional. Feira recoñecida pola UFI e a Secretaría de Estado de Comercio

Descrición: FIMMA+Maderalia, a Feira Internacional de Tecnoloxía, Materiais e Compoñentes para o Moble, Interiorismo e Proxectos Contract, é unha cita bianual que trata de ser un punto de encontro para os profesionais da instalación, prescritores, industria, moble, decoradores, carpinteiros, interioristas e arquitectos. 

A organización da Feira construirá un Workhube e unha zona de coworking para divulgar información e impartir charlas e relatorios dirixidas aos profesionais da prescrición.

Como novidade este ano, poderase contemplar e visitar unha construción de madeira, realizada con modernas técnicas de enxeñería, fabricación e montaxe e dotada de materiais e elementos intimamente ligados á decarbonización, unha fácil industrialización e unha rápida e sinxela instalación.

Máis información: https://fimma-maderalia.feriavalencia.com

CIMAD 2024, Congreso Ibero-Latinoamericano da Madeira na Construción

Data: do 10 ao 14 de xuño de 2024

Modalidade: Presencial. ETSI de Montes, Forestal e do Medio Natural e Escola Técnica Superior de Arquitectura, da Universidade Politécnica de Madrid.

Organiza: Grupo de Investigación Construción con Madeira da Universidade Politécnica de Madrid.

Descrición: CIMAD 2024, Congreso Ibero-Latinoamericano da Madeira na Construción é un evento científico e técnico internacional no que participarán profesionais e investigadores da construción con madeira. 

Este ano celebra a súa terceira edición en Madrid, tralas celebradas en Portugal e Argentina, consolidándose como o evento de carácter ibérico e latinoamericano máis importante sobre construción e madeira. 

Nun momento no que a madeira ábrese paso decidido como material eficiente e sostible, o reto consiste en desenvolver tecnoloxía, enxeñería, produtos, ferramentas, deseño e arquitectura cada vez máis eficientes e respectuosos. 

Máis información: https://www2.montes.upm.es/CIMAD2024

 

REBUILD 2024

Data: do 19 ao 21 de marzo de 2024

Modalidade: Presencial, IFEMA Madrid

Descrición: A sétima edición de REBUILD consolídase como a gran cumbre da industrialización en España, sendo un punto de encontro para todos os actores da edificación que buscan solucións de automatización, dixitais e sostibles. O foro busca afianzar o novo modelo construtivo e levar o sector á súa transformación coxuntural. 

Está previsto que acudan máis de 24.000 profesionais da cadea de valor: desde arquitectos, arquitectos técnicos, construtores, promotores, enxeñeiros, instaladores, reformistas, deseñadores de interiores e inversores. Baixo o lema, "Accelerating Building Revolution", REBUILD 2024 quere poñer de relevo a necesidade de impulsar a industrialización e o cambio cara ese modelo transformador. 

No marco da cumbre, terá lugar o Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, o maior foro de coñecemento e tendencias cun programa de relatorios que reunirá a grandes nomes que son referentes na industria.

As cuestións centrais que coparán a axenda do foro están relacionadas cos tres grandes eixos de REBUILD: industrialización, dixitalización e sustentabilidade.

Máis información: https://www.rebuildexpo.com

Egurtek, Foro de Arquitectura e Construción en Madeira

Data: 16 e 17 de outubro de 2024

Modalidade: Presencial

Organiza: Bilbao Exhibition Centre

Descrición: Egurtek celebra a súa décima edición na que reafirmará o seu compromiso coa promoción do uso sostible da madeira e proporcionando oportunidades para o intercambio comercial e de coñecemento.

Durante o evento, expertos de renome presentarán os seus traballos. Ademais, haberá unha zona de exposición con solucións vangardistas e coas últimas tendencias en construción en madeira. Esta zona contará cun Speaker´s Corner para que as empresas expositoras presenten as súas principais novidades.

Ao termo das Xornadas, levarase a cabo a entrega dos Premios Egurtek que destacarán e recoñecerán aos mellores traballos en diferentes categorías como edificación, interiorismo e deseño de produto, entre outras.

Máis información sobre Egurtek: https://egurtek.bilbaoexhibitioncentre.com/

Para presentar a candidatura aos Premios Egurtek: https://egurtek.bilbaoexhibitioncentre.com/premios/premios-egurtek-2024/

4º Fórum Internacional de Construción en Madeira

Data: 5 e 6 de xuño

Modalidade: Presencial, Palacio de Congresos Baluarte, de Pamplona

Organiza: FORUM HOLZBAU, coa colaboración da Cátedra Madeira Onesta, da Universidade de Navarra

Descrición: Nos últimos anos, a madeira experimentou un crecente protagonismo no sector da construción, destacando como material renovable e de baixo impacto ambiental. A súa relevancia débese ao desafío principal que enfronta o sector na actualidade: avanzar no seu proceso de descarbonización, xa que é responsable do 40% das emisións mundiais de dióxido de carbono.

Obxectivos: O lema de esta carta edición, "Conectando aos profesionais que anticipan o futuro", busca crear un espazo de diálogo que involucre a institucións, empresas e profesionais interesados no futuro da construción con madeira. 

Máis información e incricións: https://www.forum-maderaconstruccion.com/index.php

Informe do uso da madeira na edificación en España

O informe 2023-2024 Mass Madera ten como obxectivo proporcionar unha visión integral do estado actual da madeira maciza industrializada para edificación en España e reflectir a necesidade de impulsar o seu uso como eixo dun novo modelo construtivo. 

O documento recolle as previsións da industria e estima que en tres anos, a capacidade produtiva de madeira maciza industrializada en España será o dobre da actual.

O informe preséntase como un documento plural e un instrumento para avanzar cara cidades e edificios máis sostibles, empregando a madeira maciza na edificación como motor desta transformación.

O informe, estruturado en dez capítulos que exploran aspectos desde o bosque á arquitectura, foi redactado por expertos investigadores no ámbito nacional e internacional. 

Referencia completa

MASS MADERA, Rede Española para o impulso da madeira maciza industrializada para a edificación

CONSULTAR O INFORME

 

Informe da Cadea Forestal-Madeira de Galicia 2022-2023*

Algúns dos datos que lanza este Informe:

  • A riqueza do bosque galego está cifrada en preto de 43.000 millones de euros.
  • A cadea forestal-madeira de Galicia facturou o pasado ano, preto de 2.700 millóns de euros.
  • A comunidade continúa liderando o volume de talas de madeira en España, conseguindo más de 11 millóns de metros cúbicos.
  • A cadea supón preto do 1,9% do PIB de Galicia.

Referencia completa

Investigadores da Escola de Enxeñaría Forestal, da Universidade de Vigo.

Axencia Galega da Industria Forestal.

CONSULTAR O INFORME COMPLETO