Guía para o fomento da madeira na contratación pública de edificacións sustentables

O obxectivo desta publicación é realizar recomendacións para a utilización da madeira na preparación dos contratos ou concesións de obras públicas das entidades do sector público autonómico e local de Galicia.

Propóñense cláusulas ou criterios técnicos para o deseño, construción, renovación e xestión de edificios e obras para reducir o seu impacto ambiental e climático e incentivar o desenvolvemento de produtos e tecnoloxías verdes no sector forestal. Os órganos de contratación poderán elixir en que obxectivo ou obxectivos quérense centrar á hora de preparar o contrato, definindo consecuentemente os pregos de prescricións técnicas e/ou os pregos de cláusulas administrativas particulares. 

A elaboración desta Guía realízase con vocación de mellora continua.

Referencia completa

CENTRO DE INNOVACIÓN E SERVIZOS TECNOLÓXICOS DA MADEIRA DE GALICIA (CIS-Madeira) pertencente á Axencia Galega da Industria Forestal, da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña.

Guía para o fomento da madeira na contratación pública de edificacións sustentables

Intervención en xácena policromada do alfarxe do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, Ourense

Vídeo que mostra o proceso de reparación dunha das xácenas existentes no alfarxe do sotocoro do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, un traballo de colaboración que permitiu recuperar a visión orixinal dun dos alfarxes policromados máis interesantes de Galicia.

Referencia completa

Vídeo

 

Casa Mouteiras

Ficha técnica

Autores:

Liqe Arquitectura

Javier Couto Granja

Colaboradores:

Laura Priegue González

María José Núñez Corbal

Promotor:

Noelia Candal Suárez

Manuel González Conde

Construtora:

Cal Baixo Miño Construcciones y Servicios S.L.

Situación:

Valadares (Vigo)

Ano:

2020

Superficie:

282,6 m2

Fotografía:

Descrición

Memoria

Construír a paisaxe non só consiste no tratamento do espazo público senón que, polo contrario, é o conxunto do edificado, do privado, o que outorga a imaxe no ámbito rural ao territorio. A contorna inmediata foi tan transformada que estamos acostumados a atoparnos case de todo nos nosos núcelos rurais, de modo que construír unha peza nova nunha contorna deste tipo foi todo un reto.

Á hora de enfrontarse ao reto de realizar unha vivenda unifamiliar, sempre se atopan coa dicotomía entre un posicionamento integrado no terreo e a pasaixe, ou a búsqueda do protagonismo do conxunto. Neste caso, quixeron fixar a atención neste tipo de construcións sensibles coa contorna, onde non se pretende realzarse sobre el mesmo, senón que se propón ubicar unha peza máis nun puzle que comeza a estar máis que cheo e que apenas permite encaixar novas pezas. De tal forma, a sensibilidade do proxectista para realizar unha lectura comprensiva do territorio fixo que a edificación se integra no territorio.

A vivenda aséntase sobre a natureza cunha tranquilidade suave e sinxela; unha volumetría adaptada á propia pendente permite a xeración dunha cuberta inclinada que se converte nun dos protagonistas externos do conxunto, de modo que a lectura do volume permite configurar mentalmente o funcionamento interno da vivenda, á vez que resolve a integración volumétrica.

A integración material realízase mediante a utilización de madeira en fachada e cuberta metálica, dotando dunha imaxe actual á vivenda, á vez que se integra no lugar e entre as edificacións da contorna. Non se trata de ser protagonista da escena, senón que a intención é xerar paisaxe, contorna, territorio.

A volumetría resólvese mediante un xogo de cubertas que, nos seus quiebros, ademais de integrar a vivenda na paisaxe, acolle un espazo de xogos e saída a un balcón superior e forza, ademais, a consecución dunha pendente axeitada para a futura instalación de paneis solares fotovoltaicos.

Interiormente, a escaleira de comunicación entre os tres niveis serve de separación entre as zonas de noite e de día. 

Retos Construtivos da Obra

Unha vivenda unifamiliar ubicada nunha contorna rural cunha envolvente que prolonga a fachada norte da cuberta, xerando un xogo de cubertas inclinadas que integran a vivenda na paisaxe.

A integración na contorna conséguese tamén coa utilización da madeira de pino tratada en autoclave para a fachada e a cubierta metálica.

O programa resólvese nunha única planta que apoiada sobre un desnivel do terreo que configura o acceso ao garaxe e un xardín que permite a entrada do sol durante todo o día.

Diploma de curso avanzado de posgraduado en Eficiencia Enerxética na Rehabilitación de Edificios

Data: do 09/02/2024 ao 22/03/2024

Modalidade: Virtual

Organiza: Universidade de Vigo

Descrición: Preténdese ofrecer ao alumno unha visión amplia das últimas técnicas existentes para conseguir a eficiencia enerxética dos edificios, en especial á hora de proxectar a rehabilitación dos mesmos. Para iso, introdúcese no mundo do BIM e como pode ser empregado para o cálculo dos aforros en demandas enerxéticas, así como para a certificación dos edificios e o seu cumprimento do Código Técnico da Edificación. Explicaranse tamén as diferentes medidas pasivas que están a aplicarse hoxe en día, xunto con ferramentas que permitan calculalas, executalas e realizar o seu orzamento. Céntrase, especialmente, no illamento e a redución de pontes térmicas. 

Obxectivo: Preténdese que os estudantes sexan capaces de realizar a certificación e etiquetado enerxético dunha vivenda, de desenvolver e aplicar medidas tanto pasivas como activas de eficiencia enerxética, de deseñar, calcular e orzar todas as instalacións presentes na rehabilitación dunha edificación e tramitar as subvencións necesarias.

Destinatarios: Técnicos interesados en eficiencia enerxética: arquitectos e enxeñeiros. 

Máis información e inscricións: https://eafp.uvigo.gal/es/campus-abierto/titulos-propios/id1031-3/

Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2024-2025

Data: Do 21 de febreiro ao 12 de decembro de 2024

Modalidade: Presencial

Organiza: Escola Galega da Administración Pública (EGAP) e Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)

Descrición: O curso, do que se ofertan 40 prazas, ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. A tal efecto, pártese da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio.

Máis información e inscricións:  https://www.coag.es/formacion/info.asp?id_curso=679 

Simposio "As frondosas autóctonas, a resiliencia do sector forestal?"

Data: 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo de 2024.

Modalidade: Presencial, no Centro Asociado de Lugo da UNED.

Organiza: Axencia Galega da Industria Forestal, XERA.

Descrición: O Simposio organízase no marco do Proxecto Autonómico para a valorización das masas de frondosas de Galicia e do proxecto europeo RESONATE "Cadeas de valor forestais resilientes"-mellorando a resiliencia mediante respostas naturais e socioconómicas".

O seu obxectivo é intercambiar coñecementos sobre innovación en frondosas en toda Europa e, por outra banda, debater sobre ferramentas de apoio á decisión e avaliacións de resiliencia para mellorar a resiliencia da cadea de valor forestal en Galicia.

Programa completo: https://xera.xunta.gal/es/a-axencia/simposio-frondosas-2024

Máis información: https://xera.xunta.gal/gl/a-axencia/novas/xunta-organiza-un-simposio-internacional-sobre-frondosas-autoctonas-que-reunira-en

Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-NlFCFyqaaNevG-gcObCpRaLAKtQrlg8vWaqO2wS5JRaYjw/viewform

Casa Chao

Ficha técnica

Autores:

Creus e Carrasco Arquitectos 

(Juan Creus e Covadonga Carrasco)

Colaboradores:

Bárbara Mesquita e Celsa Pesqueira

Cálculo estructura de madeira:

Estrutura: Félix Suárez Riestra

Instalacións: Isabel Francos Anllo

Promotor:

José Manuel Chao

Construtora:

J.M. Rodríguez Garrido

Situación:

Corcubión

Ano:

2013

Superficie:

221,78 m2

Fotografía:

Héctor Santos-Díez

Descrición

Memoria

Volver a construír unha pequena vivenda de pouco máis de 3 metros de ancho e 16 de fondo no extremo dunha mazá. A casa anterior: bar e vivenda con medianeira cega, ben orientada, situada no centro histórico desta vila da Costa da Morte. 

Resolver con claridade a escena urbana, aportando unha visión renovada do modo de construír, sen esquecer a propia identidade, mediante referencias á historia e cultura do lugar.

Edificar en madeira, lembrando a construción marineira, empregando a táboa pintada de branco, cor insistente en galerías e entrepanos das casas da vila. Facer pétrea parte da planta baixa, en cotinuidade coas fachadas da rúa tradicional. Recoller o espírito da arquitectura popular sen renunciar a unha expresión propia.

Ter aproximadamente 120 m2 útiles repartidos entre b+2+bc. A planta baixa como entrada e garaxe para dous coches. A primeira, zona de día: estar e cociña. A segunda, habitación con estudo e baño. O baixo cuberta, habitación con baño.

Facer unha formulación sinxela baseada na dimensión lonxitudinal dun espazo diáfano e na centralidade dos accesos. A escaleira, arrimada á medianería, deixa estancias a cada lado, mentres a fachada, na súa parte central, faille sitio como saliente en plantas altas ou as aproxima como entrada a cuberto no acceso principal. As alturas dobres e as estreitas xanelas-balcón, relacionan as plantas entre si e o espazo exterior, sen chegar a mostralo todo.

Reinventar, coa súa apariencia urbana, un nuevo espazo vivo, ata agora en ruína e sen resolver.

Retos construtivos da obra

"Na solución da fachada da Casa Chao é clave a participación e implicación dos carpinteiros", sinalan os arquitectos.

Unha fachada tan exposta como esta ao sol, pero tamén á auga e ao vento, requiriu dun estudo previo do tipo de madeira, espesor e resolución da xunta. O taboleiro de iroco, cepillado a 3,5 cm de grosor e a "galleta" intermedia que une un co outro, permitindo o seu movemento, forman unha pel exterior solidaria e resistente. 

O rastrelado, tamén de iroco, clavado sobre o muro de ladrillo macizo, con rebaixes e a cara interior ranurada do taboleiro, permiten a circulación do aire e a súa ventilación de arriba a abaixo. 

As fiestras de cedro, desprazadas unhas de outras, obrigan ademais ao axuste dimensional do despezamento vertical, resolto mediante a utilización de tres anchos diferentes de taboleiro, estudados un a un para o seu encaixe total evitando recortes.

A folla das fiestras, situadas no interior dunha peza-caixón que atravesa todo o espesor da fachada, introduce a madeira no interior, onde volven a traballar os carpinteiros facendo portas, armarios, estanterías e escaleiras dun interior moi estreito que contrasta co formigón visto.

No centro da cociña, xunto ao panel luminoso recuperado do antigo bar que había na planta baixa, unha larguísima e estreita mesa feita en pino melis. "Unha casa cuxo vestíbulo, cada vez que volvemos, recíbenos con ese agradable cheiro dunha envoltura de cedro", afirman Creus e Carrasco.

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Ano 2014:

Mención especial nos Premios FAD

Ano 2015:

Nominación ao Premio Mies van der Rohe

Recoñecemento no Día Mundial da Construción Sostible

Ano 2016:

Premio da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo-BEAU

Premio Galego de Arquitectura

Selección Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo-BIAU

Comentarios Xurado aos recoñecementos obtidos:

Destácase a integración da nova edificación nun núcleo tradicional, ademais do deseño de interiores, a integración e diálogo que xera entre o interior e o exterior e o uso axeitado de materiais e elementos construtivos actuais para dialogar coas edificacións da súa contorna. Entre as características que se reformulan desde unha linguaxe arquitectónica actual, cóntase unha galería reinterpreatada polos arquitectos, así como un zócalo de pedra para darlle continuidade co inmoble contiguo e unha fachada de madeira.

Vivenda entre medianeiras, Sar

Ficha técnica

Autores:

Ansede Quintáns Arquitectos

(Cristina Ansede e Alberto Quntáns)

Arquitecto técnico:

Gustavo Ríos Sánchez e Melchor Nogueira Uzal

Empresas madeira:

Rebordelo, Segundo Rey, SieroLam 

Promotor:

Privado

Construtora:

Trabecón S.L.

Situación:

Santiago de Compostela

Ano:

2020

Superficie:

180 m2

Fotografía:

Luis Díaz Díaz

Descrición

Memoria

Os arquitectos atópanse unha construción soterrada na súa parte posterior, de dúas plantas, con fachadas á rúa e unha longa parcela pendente cara a parte posterior. A normativa permitía ampliar o fondo edificable ao dobre e construír un anexo na parcela.

Os arquitectos decidiron empregar esta ampliación para introducir luz cara a parte posterior da vivenda. Coa construción do anexo na planta baixa créase un patio ao que se volve á planta baixa e a través do cal, entra luz e aire na planta na que era máis difícil conseguilo.

A planta alta e a planta baixo cuberta constrúense sobre o volume orixinal, deixando un espazo vacío no punto a partir do cal, a casa amplíase. Desta forma, é posible ler ata onde chegaba a casa orixinal e que é ampliación. Algo que os autores consideran moi interesante en calquera intervención sobre cascos históricos para non perder a lectura histórica dos inmobles.

A través da grieta no punto no que termina a vivenda orixinal, articúlase unha escaleira que une as tres plantas e un patio a través do cal, ventilan estancias e conseguen unha vista cruzada de toda a lonxitude da parcela, o que dá unha sensación de maior amplitude.

Na parcela créanse terrazas ata a súa parte alta, formando así plataformas de uso e cultivo nunha parcela cunha forte pendente.

Por usos, a vivenda distribúese da seguinte forma: salón, comedor, cociña, baño e espazos auxiliares en planta baixa, tres dormitorios e un baño en planta primeira e un espazo polivalente con outro baño en planta baixo cuberta.

Conserváronse os muros de pedra e o resto, construíuse con madeira de castaño maciza. As vigas, solos, carpintaría (castaño laminado) e, incluso, mobiliario. Todo tratado con proteccións transpirables e detalles construtivos que garanten un correcto intercambio de humidade co ambiente. No caso do patio, empregouse en fachada de madeira termotratada de pino trasventilada. 

Retos construtivos da obra:

Cando chegaron á intervención, os arquitectos atopáronse cunha ruína que estaba semi soterrada. O obxectivo principal era conseguir meter luz, por iso escavouse para atrás.

Ao principio, a escavación foi complicada xa que eran coñecedores do tipo de terreo que tiñan. Traballar entre medianeiras, onde hai terreo a ambos lados, é realmente complicado.

Para os arquitectos, a empresa construtora xogou un papel fundamental, sendo capaz de levar a obra ata o final. O baleirado foi importante. Tratouse de 27 metros de altura e unha profundidade de seis metros respecto á fachada de atrás. 

A madeira xogou un papel fundamental en todo o proxecto, conformando toda a estrutura que non son muros de pedra.

Primeira convocatoria para participar en visitas de aprendizaxe sobre arquitectura e contorna construída, no marco de Living Spaces

Living Spaces - Cities and regions shaping the built environment for everyone, financiado polo programa Creative Europe da Unión Europea e implementado por Eurocities e o Consello de Arquitectos de Europa, organiza unha serie de visitas de aprendizaxe entre colegas da arquitectura e o urbanismo.

Un total de 12 cidades poderán ser visitadas, entre marzo e outubro de 2024, para coñecer boas prácticas identificadas en espazos habitables. As cidades a visitar: Berlín (Alemaña), Burdeos (Francia), Bruselas (Bélxica), Cáceres (España), Gdansk (Polonia), París (Francia), Malmo (Suecia), Oulu (Finlandia), Praga (República Checa), Tolosa (Francia), Viena (Austria) e Vilnius (Lituania).

Destinatarios: persoal da Administración dunha cidade ou rexión e profesionais da Arquitectura e da planificación urbana.

Obxectivos: intercambiar coñecementos, compartir experiencias e aprender doutros profesionais e expertos sobre como planificar e implementar políticas e proxectos arquitectónicos de alta calidade.

Máis información e inscricións: 

https://culture.ec.europa.eu/calls/first-call-for-participants-for-living-spaces-peer-learning-visits-on-architecture-and-the-built-environment

((Existen dúas roldas de inscricións: ata o vindeiro 18 de xaneiro, para poder acceder ás visitas a Berlín (Alemaña), Burdeos (Francia), Bruselas (Bélxica), Cáceres (España), París (Francia), Praga (República Checa), Tolosa (Francia) e Viena (Austria). A segunda rolda estará aberta a partir de abril pero xa se pode facer a preinscrición. Os destinos:  Oulu (Finlandia), Vilnius (Lituania),  Gdansk (Polonia) e Malmo (Suecia).

Cociña Klee

Porta fabricada con dous traveseiros de 27 mm. de ancho e 22 mm. de groso, que integran un bisel interior que fai de tirador, pola parte superior e inferior remátase cun perfil atornillado de 20 mm. 

Todos os perfís están realizados en aluminio anodizado negro e rodean a un vidrio de 4 mm.