Curso de introdución á construción en madeira

Data: do 24 de outubro ao 14 de novembro de 2024

Modalide: Online (a través da plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es)

Organizan: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal.

Obxectivos: Preténdese que os alumnos adquiran os coñecementos básicos necesarios par a utilización da madeira como material construtivo e estrutural, tanto para obra nova como rehabilitación. As exposicións completaranse cunha visita presencial de carácter voluntario, relacionada co temario impartido no curso. Trátase de promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.

Máis información e matrícula: https://www.coag.es/formacion/info.asp?id_curso=697

REBUILD REHABILITA 2024

Data: do 22 ao 24 de outubro de 2024

Modalidade: Presencial. FIBES, Sevilla

Descrición: Rebuild Rehabilita é unha plataforma única de innovación para dinamizar o sector da construción, a rehabilitación, a reforma e a eficiencia enerxética de vivendas e edficios. Un lugar no que o profesional do sector dispón dunha contorna especializada onde atopar os últimos materiais, solucións e servizos.

REBUILD REHABILITA é a plataforma para que os fabricantes e distribuidores identifiquen:

  • Os novos construtores, promotores, empresas de reformas e rehabilitación, arquitectos, aparelladores e instaladores.
  • Os proxectos e parques de vivenda para reformar o que va a poñerse en marcha proximamente.
  • Presenten as súas novidades, produtos e innovacións.
  • Comuniquen e se asocien como un partner no marco da construción e da rehabilitación.

Máis información: www.rebuildrehabilita.com

Casa San Vitorio, en Allariz

Ficha técnica

Autores:

Juan Seara e Berta Peleteiro, Seara Peleteiro Arquitectos

Arquitecto técnico:

Miguel Gallego Otero

Colaboradores:

Fátima Nieves Fernández

Cálculo estructura de madeira:
Construtora:

Jesús Buceta Hábitat S.L. 

Situación:

Allariz (Ourense)

Ano:

2023

Fotografía:

Brais Seara Fernández

Descrición

Os promotores da obra decidiron comezar unha nova vida no rural, abrazando todo aquelo que o entorno lles ofrecía, lonxe desa visión idealizada e romántica que moitos urbanitas teñen do que é a aldea.

Desfrutar do monte, dos camiños, da veciñanza. Desfrutar do inverno e do verán. Pero, sobre todo, desfrutar do espazo exterior. Querían unha casa que lles permitise vivir fóra da casa.

Esa vocación de expandir o ámbito doméstico máis aló dos muros que pechan as vivendas, esixía minimizar o programa funcional, maximizando as potencialidades de uso. Os arquitectos tiveron que articular o imprescindible, fuxindo dos típicos "por se acaso" que tenden a dar como resultado vivendas sobredimensionadas e infrautilizadas, nun exercicio de compactación que lles permitise desbloquear metros e exponxar unha proposta accesible e viable.

Ao mesmo tempo, a vivenda debía aproveitar todas as potencialidades da parcela, adaptándose ao contexto dun xeito respectuoso e sensible coa vexetación existente e coa pendente natural do terreo, pasando desapercibida desde a rúa.

Conxugar o criterio de accesibilidade dunha única planta, garantindo os accesos e minimizando os traballos de implantación levoulles a propoñer unha vivenda elevada, en estrutura palafítica, que permitise o aproveitamento dese intersticio como un gran espazo aberto, que sumados aos existentes no nivel superior, fai que case o 60% da superficie corresponda a espazos exteriores cubertos.

Tres módulos de 7x4 metros (dimensións condicionadas polo transporte dos entramados lixeiros de madeira), nunha disposición concéntrica e xirados 120º, conformando un espazo central triangular, permitiulles "abrazar" as árbores existentes e abrirse ás vistas lonxanas, aproveitando todas as orientacións e respectando os accesos peonil e rodado.

Dito esquema inicial, refórzase conformando un novo triángulo equilátero unindo os vértices alternos, arriostrando o conxunto e conformando uns corredores exteriores cubertos, tan habituais na arquitectura tradicional da comarca.

Unha casa lixeira, esencial e sostible, executada integramente en madeira e pousada sobre unha bandexa estrutural de formigón que permite salvar grandes luces, liberando o espazo inferior e minimizando os puntos de contacto co chan, pousándose, sen apenas deixar pegada.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Premio Gran de Area 2021

Información de Seara Peleteiro Arquitectos

Faladoiro de Madeira con Abalo Alonso Arquitectos

Data: Mércores, 9 de outubro

Modalidade: Presencial. Casa do Taberneiro. Rúa de San Pedro, 15 (Santiago de Composterla)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica

Colaboración: Abalo Alonso Arquitectos

Descrición: Emulando ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela e que reunían aos grandes intelectuais da época, estes faladoiros buscan fomentar un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.

Trala boa acollida da anterior sesión na que contamos con Arrokabe Arquitectos, retomamos un novo Faladoiro con Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Abalo Alonso Arquitectos, que compartirán as solucións empregadas en diferentes intervencións realizadas en madeira.

Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura ou a descarbonización dos edificios, entre outros. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.
 

Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeBruy3JV_n9MpAtvbDqOlfAcInci03z86vUyYq9pY4FNqZ6g/viewform

I Programa Profesional en Edificación Industrializada con Madeira

Data: Do 4 de outubro ao 23 de novembro de 2024.

Modalidade: Presencial (Valldaura Labs de IAAC, Barcelona) e online.

Organiza: Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña (IAAC), Finsa e Mass Madera.

Dirixido a: Profesionais da arquitectura, enxeñería, de empresas públicas de vivenda, de empresas construtoras, administracións e fondos de investimento que estean involucrados no deseño e a construción da nova xeración de edificios.

Obxectivos: Mellorar e actualizar as habilidades dos traballadores no sector da construción, con especial énfase en aumentar a calidade e cantidade de oportunidades de capacitación.

Máis información

I Congreso Nacional de Arquitectura Saudable: Neuroarquitectura e ESG

Data: 3 de outubro de 2024

Modalidade: Presencial (Colegio de Arquitectos de Madrid, COAM)

Descrición: O Congreso está concibido como un foro no que compartir novas liñas de investigación e casos de éxito e como un punto de encontro para promover a implantación dos fundamentos destas especialidades que estudan o impacto que teñen os espazos construídos sobre a saúde física, mental e social das persoas. 

O Congreso reunirá a destacados expertos, arquitectos, investigadores e profesionais do sector para compartir coñecementos, experiencias e visións sobre como a arquitectura pode contribuír a unha vida máis saudable e equilibrada. 

Máis información: https://oasaludable.com/congreso-oas/

BATIMAT 2024

Datas: Do 30 de setembro ao 3 de outubro de 2024.

Modalidade: Presencial (París, Porte de Versalles).

Organiza: Equipbaie, Metalexpo

Descrición: Trátase dun dos puntos de encontro internacionais máis importantes para o sector da construción. Este ano xirará arredor de catro eixos fundamentais para o sector: adaptación, innovación, territorios e homes e mulleres da construción.

Nesta cita reúnense industriais, fabricantes e provedores de materiais e solucións de todo o mundo. 

Agárdanse máis de 1.300 expositores na Feira, 450 relatorios, máis de 100 demostracións de produtos e a presentación de máis de 229 innovacións relacionadas co sector.

Máis información: https://www.batimat.com/fr-fr.html#/

 

Visita guiada ao Centro de Día de Maiores de Leiro, de Müller Feijoo Arquitectos

Data: 23 de setembro de 2024

Hora: 11:00 horas

Modalidade: Presencial. Centro de Día de Maiores de Leiro (Estrada OSEBE, 3, Leiro)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Descrición: O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, con motivo do Día Mundial da Construción Sostible, organiza un acto simbólico de homenaxe ao Centro de Día de Maiores de Leiro, de Müller Feijoo, polas súas características sostibles. O CMD recoñece o esforzo dos arquitectos por integrar o construído na paisaxe, ser funcional e eficiente enerxeticamente e ofrecer espazos exteriores e interiores confortables, graduando a privacidade e a luz natural para que os usuarios do edificio, se apropien del con naturalidade. O emprego de materiais naturais propios da contorna, o uso da madeira en exterior e interior para conseguir espazos confortables ou unha cuberta axardinada para paliar os efectos do calor en verán, entre outros aspectos, converten a este edificio nun claro exemplo de construción sostible.

Inscrición á visita guiada polo edificio AQUÍ

Máster Construción con Madeira

Data: setembro 2024 a setembro 2025

Modalidade: Presencial (Universidade Politécnica de Madrid) ou a distancia

Organiza: Universidade Politécnica de Madrid

Descrición: O seu carácter é fundamentalmente técnico e profesional, interdisciplinar e aberto, teórico e práctico, e está dirixido tanto a profesionais como a empresas e a recentemente titulados con formación e inquedanzas técnicas.

O Máster Construción con Madeira é un título propio da Universidade Politécnica de Madrid para adquirir competencias no emprego da madeira e os seus produtos asociados en obra civil e de edificación, en obra nova e no patrimonio construído con madeira.

O Máster enriquécese con abundantes casos prácticos, conferencias e eventos, clases prácticas en laboratorio e visitas a obras, fábricas e empresas.

Máis información e inscricións: www.masterconstruccionconmadera.es

Curso de Especialista en Revestimentos de Fachada e Detalles Construtivos en Madeira

Datas: do 16 ao 20 de setembro de 2024

Modalidade: Presencial (Fundación Laboral da Construción de Galicia)

Organizan: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Fundación Laboral da Construción de Galicia, coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal.

Patrocinadores: Finsa, Xilonor, Maderas Rubén, Maderas Besteiro, Maderas Hermanos Castro, Molduras del Noroeste e Rothoblaas.

Dirixido a: Profesionais da construción que desexen incorporar á súa oferta, as novas tecnoloxías construtivas en madeira.

Obxectivos: Capacitar en técnicas de deseño e execución para diferentes tipoloxías de revestimentos e resolución de encontros e detalles construtivos en madeira e describir os criterios de selección e colocación dos diferentes materiais, dependendo das prestacións a conseguir.

Data límite de inscrición: 12 de setembro ou ata cubrir as 18 prazas dispoñibles.

CONSULTAR PROGRAMA COMPLETO

INSCRICIÓNS