Como podo incorporar produtos de madeira sostible de proximidade no meu proxecto?

Data: 15/03/2023.

Modalidade: Videoconferencia. 

Organiza: Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Dirixido a: Persoas prescritoras e empresas construtoras que desexen prescribir con madeira local mediante FORTRA e a marca Pino de Galicia os seus proxectos de execución que incorporen a madeira como elemento estrutural.

Descrición: Videoxornada para dar a coñecer a marca de garantía Pino de Galicia e a ferramenta de trazabilidade blockchain para elementos construtivos en madeira denominada FORTRA.

Guía técnica: Solucións Innovadoras en Madeira Estrutural na Arquitectura Galega Actual

O obxectivo principal desta publicación é presentar as posibilidades de construción con madeira estrutural e as calidades da mesma, sobre todo dende un punto de vista técnico; para que o seu coñecemento promova o aumento da demanda deste tipo de produtos e que, xunto coa competitividade de prezos por menor transporte e o aumento da concienciación sobre un consumo máis responsable, axude a xerar o establecemento de máis industria local para a fabricación de produtos técnicos de madeira con madeira de Galicia.
A publicación amosa vinte e unha obras galegas construídas con madeira nos últimos cinco anos (2017-2022), recoñecidas pola súa calidade arquitectónica, e nas que se empregou un sistema estutural de madeira de deseño innovador ou produtos estruturais de madeira innovadores en si mesmos.
 

Referencia completa

Axencia Galega da Industria Forestal. Consellería do Medio Rural.
En colaboración coa Plataforma de Ingeniería de la Madera Estructural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Guía técnica. Solucións Innovadoras en Madeira Estrutural na Arquitectura Galega Actual.pdf

 

En Madeira, outra forma de construír: O material construtivo sostible do s. XXI. Terceira edición

Esta terceira edición reúne nove textos monográficos que desenvolven diversos aspectos sobre a madeira: a madeira como estratexia de sustentabilidade na edificación; o uso de fontes sostibles da madeira; propiedades da madeira; eliminar barreiras: as pantasmas da madeira; proxecto sismorresistente de estruturas de madeira; cálculo de estruturas de madeira; produtos técnicos de madeira para construción; experiencias construtivas e procedementos construtivos en madeira.

Referencia completa

Catálogo de publicacións do Ministerio: www.miteco.gob.es/es/ministerio/servicios/publicaciones

Catálogo xeral de publicacións oficiais: https://cpage.mpr.gob.es

Catálogo En madera, otra forma de construir. El material constructivo sostenible del siglo XXI. Terceira edición. 

Coordina  FSC® España - FSC® F000228 Comité Editorial: Gonzalo Anguita, Lorena Guerra, y Dolores Huerta.

Fotografía portada: Juan Baraja-Casa de madeira e sen plástico (arquitectos Susana Velasco e Jesús Ágreda) cohousingflexible.org

Fotografías e textos: dos autores.

CONSULTAR PUBLICACIÓN

Arquitectura e madeira: obras significativas executadas con madeira

Os trece proxectos recollidos nesta publicación preséntanse como un pequeno expoñente da arquitectura galega en madeira. Sen dúbida existen moitos máis exemplos construídos pola nosa xeografía, non recollidos agora, que dende esta publicación queremos fomentar o descubrimento e posta en valor des mesmos.
Trátase pois dunha primeira aproximación, a través da madeira, a un conxunto de obras e arquitectos de probada calidade e compromiso coa profesión que exercen en Galicia, desde a que mirar con optimismo as amplas posibilidades arquitectónicas e construtivas deste material milenario tan cargado de futuro.

Referencia completa

Carlos Pita Abad e Carlos Quintáns Eiras coa colaboración de Nuria Prieto González

https://media.timtul.com/media/web_clustermadeira/arquitectura-y-madera_20230320120751.pdf

 

Guía técnica para a implantación do Marcado CE en produtos de madeira para a construción

Para o contido específico de produtos de madeira, a guía está apoiada en normas harmonizadas e outros documentos. Abarca a definición de conceptos xerais e a explicación do procesamento pola vía CEN cando o marcado é obrigatorio e pola vía EOTA cando é voluntario, mencionando en cada caso diversos produtos de madeira para a construción coa correspondente especificación técnica harmonizada de aplicación.
Tamén contén fichas específicas para produtos de madeira con marcado CE obrigatorio, indicando as características esenciais e os Sistemas de Avaliación e Verificación de Prestacións que se van aplicar.

Referencia completa

XERA (2020). Guía de Marcado CE. Produtos de madeira para a construción.
Axencia Galega da Industria Forestal. Consellería de Economía, Emprego e Industria.
En colaboración coa Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

https://ficheiros-web.xunta.gal/xera/guia-marcado-ce-xera-gal.pdf

 

TRABE, dimensionado de estruturas de madeira segundo o CTE

Esta ferramenta gratuíta para o cálculo estrutural estase a desenvolver no marco do convenio “Madeira en Valor” entre a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE).

É unha ferramenta en desenvolvemento. Na súa primeira versión, inclúe un módulo para o cálculo de vigas de forxado e, proximamemnte, poderán realizarse cálculos de cubertas.
 

Referencia completa

Agencia Gallega de la Industria Forestal de la Xunta de Galicia y la Universidad de Santiago de Compostela, a través de la Plataforma de Ingeniería de la Madera Estructural (PEMADE)

https://trabe.pemade.com/gl

 

Informe da Cadea Forestal – Madeira de Galicia 2021-2022

A industria forestal-madeira en Galicia é un sector económico importante, que proporciona emprego, contribúe ao crecemento económico e xera ingresos a través da produción e comercialización de produtos forestais e transformados de madeira.

Referencia completa

Picos, J. (2022). A CADEA FÓRESTAL- MADEIRA DE GALICIA 2021-2022. Axencia Galega da Industria Forestal. Consellería do Medio Rural. Universidade de Vigo. 50 p.

https://ficheiros-web.xunta.gal/xera/cadea-forestal/cadea-forestal-madeira-2021-22.pdf

 

Terceiro foro de construción en madeira (FMC 2023)

Data: 01/06/2023 - 02/06/2023.

Modalidade: Presencial. 

Organiza: Organizado pola plataforma FORUM HOLZBAU, en colaboración coa Cátedra de Madera Onesta da Universidad de Navarra e co apoio de institucións e centros de investigación do mundo da madeira como AITIM, PEMADE, CIS Madeira, Lignomad, COSE, UNEmadera, AEIM, PEFC, FSC, etc.

Dirixido a: Todas aquelas persoas que se interesen polas novas posibilidades que ofrece a construción con madeira en España, Europa e no resto do mundo.

Descrición: O Terceiro Foro da Construción en Madeira (FMC 2023) busca crear un ambiente profesional no que favorecer sinerxías e poder dar resposta ás cuestións técnicas e prácticas que xurdan arredor da construción en madeira.

https://www.forum-maderaconstruccion.com/

Segunda edición do evento internacional "Drivers for Wood Construction"

Data: 15/05/2023 - 16/05/2023.

Modalidade: Presencial. 

Organiza: Karelia University of Applied Sciences en colaboración con Natural Resources Institute Finland, University of Eastern Finland e European Forest Institute.

Dirixido a: Profesionais da construción en madeira.

Descrición: O tema a tratar será o achegamento á construción sostible con madeira.

https://woodjoensuu.fi/en/drivers-for-wood-construction-2023-event-15-16-5-2023/

Simposio "Tableros y Economía Circular"

Data: 23/05/2023 - 24/05/2023.

Modalidade: Presencial. 

Organiza: FCBA, co apoio de CODIFAB.

Dirixido a: Todas aquelas persoas que traballan con paneis a base de madeira, como poden ser empresas de mobles, complementos e construtoras.

Descrición: Estas dúas xornadas serán unha oportunidade para compartir os retos do sector dos paneis en materia de economía circular en relación aos seus diferentes usos. O simposio abordará cuestións fundamentais para o sector.

Inscrición: Acceso as conferencias

  Inscrición ata o 23 de abril de 2023 Inscrición dende o 24 de abril de 2023
Colaboradores CODIFAB A ou B
(Sen comida de gala)

96€ IVE incluído (80€ sen IVE)

120€ IVE incluído (100€ sen IVE)
Colaboradores CODIFAB A ou B
(Con comida de gala)
144€ IVE incluído (120€ sen IVE) 168€ IVE incluído (140€ sen IVE)
Colaboradores non CODIFAB
(Sen comida de gala)
300€ IVE incluído (250€ sen IVE) 360 € IVE incluído (300 € sen IVE)
CODIFAB Non contribuínte
(Con comida de gala)
348€ IVE incluído (290€ sen IVE) 420 € IVE incluído (350 € sen IVE)
Estudantes
(Sen comida de gala)
54 € IVE incluído (45 € sen IVE) 60 € IVE incluído (50 € sen IVE)

Máis información

https://www.fcba.fr/evenements/symposium-panneaux-economie-circulaire/

https://www.fcba.fr/wp-content/uploads/2023/03/SPEC-23-Pr%C3%A9-programme-A5-v5.pdf