Curso Cálculo de Estruturas de Madeira
Data: 13 de Xuño ao 20 de Xullo 2024 (xoves, venres e sábado)
Modalidade: Presencial (Campus de Lugo)
Organiza: Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE), coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
Dirixido a: alumnos que superaran as materias de estruturas dagún título de grao, máster ou equivalente.
Contido Informativo: Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permite un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento dos exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.
Máis información e inscricións: www.pemade.com/_files/ugd/383079_d5e8928d8ea14137a92aa56e79725d45.pdf