Losán Next Gen

O Next Gen é un taboleiro contrachapado combi fabricado a base de chopo e nitens galego. 

Destaca pola súa lixeireza e resistencia, que permiten unha boa versatilidade, cunha ampla gama de aplicacións finais.

Existe unha boa variedade de espesores e calidades, de 8 a 40 mm B/BB e de 8 a 40 mm BB/BB.

Fabrícase con madeira proveniente de bosques nacionais sostibles. 

  • Certificado ChemVerbotsV
  • Baixa emisión de formaldehído- Certificación CARB 2
  • Certificados FSC e PEFC
  • Certificado CE2+. Testado para un uso estrutural

Máis información

Máis información

V Curso de Formación en Construción Industrializada e Eficiente en CLT

Datas: do 9 ao 13 de setembro de 2024

Modalidade: Presencial (Fundación Laboral da Construción, Santiago de Compostela)

Organizan: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e Fundación Laboral da Construción de Galicia, coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal

Patrocinadores: Finsa, Xilonor, Maderas Rubén, Maderas Besteiro, Maderas Hermanos Castro, Molduras del Noroeste e Rothoblaas.

Dirixido a: Profesionais da construción, técnicos, construtores e promotores, que desexen incorporar á súa oferta, as novas tecnoloxías construtivas en madeira.

Obxectivos: Capacitar a operarios do sector da madeira e a construción en xestión, planificación, fabricación e montaxe de estruturas de madeira baseadas en CLT con inllantes térmicos que permitan a consecución de construcións eficientes de consumo enerxético case nulo.

Data límite de inscrición: 5 de setembro de 2024.

CONSULTAR PROGRAMA COMPLETO

INSCRICIÓNS

Casa Palomar

Ficha técnica

Autores:

Goretti Díaz Cristóbal

Arquitecto técnico:

Gustavo Ríos Sánchez

Promotor:

Privado.

Construtora:

CONECGAL Instalaciones

Situación:

O Carballiño (Ourense)

Ano:

2022

Fotografía:

Goretti Díaz.

Descrición

Memoria:

A vivenda sitúase nunha parcela urbana cualificada como vivenda colectiva e entre medianeiras pero nace co obxectivo da dar refuxio, en principio, a unha familia de catro pero expondo a posibilidade de crecer nun futuro próximo. Por estas condicións urbanísticas e a necesidade de facer unha mínima vivenda e nunha soa planta, a vivenda elévase do terreo asi xorde o nome de Casa Palomar.

Esta intervención dá como resultado un gran xardín cuberto como "vivenda de verán" e unha casa elevada e captadora de sol como "vivenda de inverno". 

Todo o proceso construtivo exponse baixo tres premisas: industrializable, respectuoso co medio natural e desmontable. Por iso, execútase completamente en seco, con materiais unidos uns a outros en seco, sen formigóns, cementos nin elementos adheridos senón aparafusados na medida do posible.

Os materiais escollidos na súa maioría son de primeira transformación e a vivenda, tanto na súa estrutura como nos seus acabados interiores, está realizada en madeira laminada e aserrada co sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira. A vivenda enténdese como un exercicio práctico a pequena escala de como desde a arquitectura pódese construír con maior control industrializadamente, dunha maneira máis respectuosa coa contorna máis próxima e creando contornas habitables saudables.

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Gran de Area de Contribución á Arquitectura, 2022.

Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores

Ficha técnica

Arquitecto técnico:

Carmen Lousame López

Colaboradores:

Jorge Fernández Alonso

Cálculo estructura de madeira:

Suárez y García a2

Promotor:

María del Carmen Cadórniga Valiño e Xan Filgueiras Lago

Construtora:

Abaco CR

Situación:

Miraflores (Muros)

Ano:

2018

Superficie:

264 m2

Fotografía:

Héctor Santos-Díez

Descrición

Memoria:

A vivenda está ubicada no lugar de Miraflores, Muros, un pequeno núcleo rural de carácter tradicional, formado por un conxunto de vivendas de pedra e un elevado número de hórreos que no seu día albergaban, secaban e curaban as plantacións de millo. 

A vivenda sitúase nunha parcela de forte pendente, orixinalmente compoñíase de dos volumes adosados que responden ao esquema tradicional de vivenda galega onde os espazos principais eran as cuadras e a cociña: co forno e a fresquera en pedra, pero co paso do tempo engádese un terceiro volume e realízanse unha serie de modificacións que desvirtúan o seu carácter. Os tres volumes adáptanse á pendente, protéxense dos ventos e case se pechan ás imponentes vistas da ría de Muros, dando lugar a un interior compartimentado de espazos reducidos e escuros.

A proposta parte do entendemento do lugar: a escala do núcleo rural, as preexistencias da vivenda, a materialidade da pedra, as vistas 180º da ría e o soleamento son os parámetros que se tiveron en conta á hora de plantexar a actuación. A idea de proxecto busca resaltar a súa identidade: dignificando o preexistente e creando un espazo interior fluído bañado pola luz e dirixido ás vistas.

O interior plantéxase como un espazo fluído no que a modo de percorrido transítase polas distintas alturas e estancias da vivenda desfrutando do carácter singular de cada un dos seus espazos. Xogando coa escala, as conexións visuais e a luz, conséguese crear un sistema espacial continuo que vertebra a experiencia espacial da vivenda.

A madeira, pino galego, como único material que unifica todo o interior, proporciona a calidez e reforza a idea da nova vivenda: o fogar.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Finalista Premios FAD 2019.
  • Finalista Premios ENOR 2020.
  • Mención especial Architizer A+Awards 2020.

Rehabilitación da Casa da Silleira

Ficha técnica

Autores:

RVR Arquitectos

Alberto Redondo Porto

José Martín Valladares Durán

Marcial Rodríguez Rodríguez

Redondo Valladares y Rodríguez

Arquitecto técnico:

Jesús Damiá Rodríguez

Promotor:

María Valladares Durán y Vicente Olmos Balaguer

Construtora:

Jesús Doce Otero

Situación:

Callobre, A Estrada (Pontevedra)

Ano:

2016

Fotografía:

RVR Arquitectos

Descrición

Memoria:

A construción existente componse de dúas plantas e baixo cuberta con estrutura de muros de mampostería e teitos e cubertas de entramado de madeira e tella. No lado oeste, unha palleira únese á casa a través dun patio.

O novo programa da vivenda pretende modificar o menos posible a configuración estrutural da casa, mantendo os muros de mampostería como resistentes e dispoñendo o programa de tal forma que se poida reducir ao máximo a tabiquería, potenciando a presenza da estrutura portante e espacial actual. 

As actuacións a realizar serán as necesarias para adaptar unha configuración funcional moi unida a un sistema de vida ligado aos traballos agrícolas, a unha nova maneira de vivir a casa, na que os seus habitantes non traballan xa no campo e, polo tanto, necesitan adaptar o existente ás súas novas necesidades.

Sen embargo, esa adaptación do existente ao novo, se se realiza de forma coidadosa e en continuidade construtiva co que hai, lonxe de afectar negativamente á casa, asegurará a súa supervivencia e poderá facela pervivir no tempo.

Os arquitectos pretenden sumar o espazo hoxe non empregado da antiga palleira para os espazos de uso habitual da casa. Para iso, créase un espazo de conexión entre a fachada oeste da casa e a antiga palleira. Este novo espazo actuará como conector entre a sala de estar que se sitúa no recinto da antiga palleira e a cociña da casa, que ocupa toda a renxía oeste da mesma, xusto no lugar onde se situaban as cadras na antiga vivenda.

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Gran de Area 2022.
  • Finalista XVII Premios COAG de Arquitectura 2017.

O rincón dos sentidos

Ficha técnica

Autores:

Quercus Arquitectura

Leonardo Llamas Álvarez.

María Pérez Oliver.

Promotor:

Privado.

Construtora:

Simón Blanco.

Situación:

Cenlle, Ourense

Ano:

2023

Fotografía:

Mario Sánchez Gómez

Descrición

Memoria:

Este campamento turístico formado por 6 cabanas realízase en dúas fases. O programa determinouse en función dos condicionantes de partida do solar e as necesidades das clientas. 

Cada cabana está conformada por muros prefabricados de carga de entramado lixeiro de pinus sylvestris con illamento entre montantes, cunha capa de fibra de xeso cara o interior e un panel superpan tech p5 cara o exterior, ao que hai que engadirlle unha capa de 2 cm de illamento para cortar a ponte térmica dos montantes e unha fachada ventilada rastrelada de pinus pinaster termotratada. Neste caso, buscouse como elemento de cubrición de cuberta o material de máis quilómetro cero na provincia de Ourense, a pizarra, a cal colocouse totalmente en bruto.

Coidouse moito o detalle construtivo, a configuración do espazo e o uso dos materiais.

O proxecto Ecoturismo enclávase nunha paisaxe privilexiada do Ribeiro, zona caracterizada pola súa forte tradición vitivinícola. As cabanas que forman parte do conxunto arquitectónico buscan mimetizarse coa contorna; un bosque afastado do núcleo urbano que durante o día enmarca as visitas do Ribeiro, para rematar cunha impresionante posta de sol. Desde esta perspectiva, os arquitectos decidiron tratar as cabanas non como construcións, senón como pequenos elementos insertados na contorna que non se perciban en exceso.

Ademais de enfatizar armoniosamente coa contorna a través dun deseño coidado e unha cor oscura, tanto en fachada como en cuberta, calquera dos materiais máis empregados no proceso construtivo das mesmas foi pensando nas emisión de manufacturación e transporte, por iso escolleuse madeira e pizarra como principais materiais de cubrición. 

Empregando materiais de quilómetro cero mantense o tecido económico dos oficios, artesáns e construtores locais, ademais do carácter e a diversidade da arquitectura vernácula. A utilización de materiais locais favorece o carácter sostible de calquera edificación xa que se aforran directamente as emisións do transporte do produto. Trátase de materiais que se poden adquirir localmente, que non necesitan ser transformados e, ao final da súa vida útil, pódense devolver ao medio ambiente. O enfoque da arquitectura quilómetro 0 ten como principal obxectivo proporcionar edificacións máis sostibles, saudables, económicas, socialmente accesibles e fortemente ligadas á identidade dos territorios.

Sarela Rehab

Ficha técnica

Autores:

2es+. Oficina de Arquitectura.

Álvaro Marín Durán.

Arquitecto técnico:

Alfonso Castro Lorenzo.

 

Colaboradores:

Julio Jorge Durán.

Promotor:

Particular.

Construtora:

EMAC Proyectos y Obras.

Situación:

Santiago de Compostela

Ano:

2016

Fotografía:

2es+. Oficina de Arquitectura.

Descrición

Memoria: 

Un dos segredos mellor gardados da cidade de Santiago de Compostela atopámolo a beiras do río Sarela... A tan só un quilómetro da Catedral, é precisamente neste lugar onde se produce a excepcional singularidade da supervivencia do último contacto entre a cidade histórica e o seu territorio rural de orixe, cunha riqueza de matices na transición entre o urbano e rural que o converten nun dos espazos máis singulares desde o punto de vista ambiental da contorna inmediata da cidade.

Un lugar onde se mestura o agrario, o doméstico ou o industrial, combinando á perfección o seu uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de entretemento, así como de pesca, xogo e incluso baño.

Na actualidade, un paseo fluvial acompaña no seu percorrido ao Sarela facendo deste máxico lugar un dos espazos de uso público en contacto directo coa natureza máis emblemáticos de Santiago. Un sendeiro completamente abrazado por carballos e vexetación típica das ribeiras galegas: amieiros, bidueiros, salgueiros, etc; no que podemos atopar, aínda a día de hoxe, antigos muíños e fábricas de curtidos de coiro.

Co obxectivo de potenciar esta relación territorial coa cidade, desenvólvese o Plan Especial de Acondicionamento e Saneamento do Río Sarela e a súa contorna, e que será de aplicación directa no ámbito desta actuación.

Neste contexto, con acceso directo desde o paseo fluvial e a escasos metros do río, xorde a oportunidade da rehabilitación dunha vivenda con alpendre e uns 700 metros de finca, construída a principios dos anos 60, de construción modesta.

A pesar do seu importante estado de abandono e conservación, non é difícil imaxinar a vitalidade e riqueza espacial de tempos pasados. Rodeada de terreos de cultivo, a súa escala e posición estableceron unha relación coa contorna que, dalgunha maneira, débese recuperar e potenciar.

Esta relación terá como protagonista silenciosa á madeira que tan xenerosamente abraza e acompaña á súa contorna... Unha envolvente de madeira de pino cuperizado percorre os cerramentos renovando a súa pel e dotando ao conxunto do carácter e uniformidade necesarios. 

Un gran ventanal encadra o espazo... Un sistema de contraventanas exteriores filtran e gradúan os distintos graos de intimidade e relación, á vez que dotan ao conxunto dos seus alzados de gran dinamismo e protección. Unha habitación, un baño, un espazo en dobre altura, un lucernario, unha cheminea e un moble-escaleira completan a escena.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Finalista XVIII Premios COAG de Arquitectura I Vivenda unifamiliar (2019)
  • Finalista Premio Juana de Vega de Arquitectura I Vivenda unifamiliar (2018)

Premios Próximos 2024

Data: Ata o 26 de setembro de 2024

Organiza: A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Descrición: Os Premios de Arquitectura Próximos 2024 supoñen un recoñecemento a arquitectos e promotores, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, polo seu labor, necesariamente conxunta, para obter unha arquitectónica de calidade.

Trátase de achegar a arquitectura de proximidade á cidadanía, puidendo optar aos premios, proxectos redactados ou obras finalizadas con emprazamento no ámbito da Delegación de Santiago do COAG.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 26 de setembro de 2024.

Máis información: https://portal.coag.es/es/cultura-es/convocatoria-y-bases-de-los-premios-proximos-2024/

Centro de día de maiores de Leiro

Ficha técnica

Autores:

Müller.Feijoo Arquitectos

Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijóo Rey

Arquitecto técnico:

José Jaime Vázquez Iglesias

Cálculo estructura de madeira:

Xoán Carlos Malvárez

Promotor:

Concello de Leiro

Construtora:
Situación:

Leiro, Ourense

Ano:

2013-2016

Superficie:

695 m2

Fotografía:

Müller.Feijoo Arquitectos

Descrición

Memoria:

A parcela na que se constrúe o centro de día, moi próxima e lixeiramente elevada sobre o curso do río Avia, ten un forte desnivel natural transformado mediante un sistema de terrazas escalonadas chamadas socalcos formados por muretes de mampostos de granito, un sistema tradicional moi habitual nesta rexión de viñas que permite dispoñer de terreo cultivable en parcelas nas que a pendente impide a súa explotación.

Estas terrazas tradicionais ascentes cara o Norte e as vistas sobre o río Sur, suxiren encaixar o edificio como unha terraza máis para posteriormente reconstruír os socalcos existentes con pedras propias atopadas na parcela e outras procedentes de construcións en ruínas da contorna. 

O acceso ao centro de día realízase a través dunha ampla plataforma exterior axardinada, accesible desde a beirarrúa peatonal e desde o aparcamento de vehículos adaptados. É neste xardín onde se poderán desenvolver as actividades ao aire libre do centro cando o tempo o permita. 

A sala polivalente e os espazos de relación exteriores, que están completamente volcados cara o río, gozan das vistas e da orientación sur sureste, mentres que as actividades que requiren máis privacidade como o comedor, a consulta médica e a sala de rehabilitación, desprázanse á parte posterior e ilumínanse e ventilan a través dun patio axardinado. Na zona central, articulando todas as actividades do centro, sitúanse os servizos comúns, gardarroupa, aseos, cociña e almacéns.

Todas as salas de actividades ábrense e esténdense ao exterior grazas a un cerramento case completamente de vidro, protexido polo voo da cuberta e unhas contrafiestras móbiles de listóns de madeira de iroko que permiten regular a radiación solar, a iluminación natural e a exposición pública da sala polivalente.

A configuración interior e formal do edificio, a súa relación co lugar e a implantación na parcela, o emprego de materiais construtivos naturais (granito, madeira e aceiro) que reflicten o paso do tempo sen perder a súa beleza, a cuberta axadinada, os sistemas pasivos de climatización, todo responde á intención de integrar o construído na paisaxe, ser funcional e eficiente enerxeticamente e ofrecer espazos interiores e exteriores confortables para que os futuros usuarios do centro se apropien del con naturalidade.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Gran de Area 2017. COAG
  • Finalista Premios Lledó Arquitectura 2018
  • Finalista Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2018

Información e material gráfico extraído da web de Müller.Feijoo Arquitectos.

Casa Panchés

Ficha técnica

Autores:

Arrokabe Arquitectos

Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela

Arquitecto técnico:

Marina Vigo Formoso

Colaboradores:

Estruturas: Mecanismo

Instalacións: Inous

 

Cálculo estructura de madeira:
Promotor:

Adrián Díaz Bóveda e Elisa Pose Méndez

Construtora:

Maximino Fernández Santiago

Situación:

Horta das Ameixeiras, Carnota.

Ano:

2023

Superficie:

107,25 m2

Fotografía:

Denís Estévez Fernández

Descrición

Memoria:

O proxecto resolve unha pequena vivenda respondendo a tres premisas claras:

  • A parcela, na falda do monte Pindo, conta cunha forte pendente que descende na dirección este-oeste, minimamente domesticada por muretes que xeran pequenos bancais.
  • O territorio no que se asenta, no límite do núcleo construído, caracterízase pola presenza de afloramentos graníticos e construcións tradicionais executadas con fábricas da mesma pedra. O subsolo do solar conta con este tipo de roca a escasa distancia da superficie.
  • O asentamento conta con vistas panorámicas ao mar desde o sur ata o noroeste. Nesta orientación, acompañando á posta do sol en verán, amósase Finisterrae, o punto máis occidental do noso continente.

Atendendo ao seu carácter panorámico, a planta resólvese como un pentágono regular que se contempla ao este, entregándose de maneira ortogonal. As dúas fachadas que se abren ao mar (suroeste e noroeste) resérvanse para o porche-balcón e para o comedor-estar; aquí un gran oco enmarca as vistas ao cabo de Fisterra. Ao este, en planta baixa, resólvese un dormitorio, o aseo e a cociña. O centro da planta ocúpao a escaleira que se presenta como un gran piar vaciado, que dá acceso á habitación principal e apoio á estrutura de cuberta. O dormitorio de planta alta mira ao Pindo e volca sobre o porche e o estar-comedor.

Proxéctase unha losa de formigón armado que toca o terreo na súa fachada este e elévase asomándose á ladeira por riba da vexetación e presentándose como unha terraza-miradoiro ao oeste. Dita plataforma descarga sobre piares que reducen ao mínimo a súa sección no contacto co terreo, posándose sen alterar practicamente a súa topografía e sorteando os muretes existentes. Sobre ela, sitúase a vivenda resolta en madeira.

Na fachada ao camiño de acceso á vivenda, preséntase como unha humilde construción resolta a dúas augas que remite a unha tipoloxía concreta que conta con varios exemplos na zona: pequenas vivendas de xeometría sinxela que se engalanan ao presentarse á vía de acceso con recursos sinxelos como petos que ocultan o material de cuberta, simetrías de clara vocación compositiva e remates ornamentais. A vivenda propón unha chiscadela a estas edificacións; proxéctase con un canlón oculto que xera un pequeno peto e presenta unha prominencia no eixe da fachada este que resolve un filtro para o dormitorio do baixocuberta e a xanela do aseo de planta baixa. Tal como esixe a solución para unha situación tan exposta, a cuberta, a catro augas, conta con pendentes pronunciadas dando lugar, así, a un xeneroso volume interior que enriquece a espacialidade da vivenda. O xogo de visuais en diagonal que se habilitan, tanto en planta como en sección, e a disposición dos ocos que as conectan co exterior aumentan a sensación de amplitude.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Egurtek de Edificación 2024
  • Premio de Arquitectura, Obra Nova, de Hispalyt 2024
  • Premio Arquitectura en Madeira CESUGA 2024

Información e material gráfico extraído da web de Arrokabe Arquitectos.