Escola Infantil Campus Universitario de Ourense

Ficha técnica

Autores:

Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Abalo Alonso Arquitectos

Arquitecto técnico:

Francisco González Varela

Colaboradores:

Berta Peleteiro (arquitecta)

Fernando Gago (ingeniero industrial, instalaciones)

Xeoaquis (Geotermia)

Cálculo estructura de madeira:

Carlos Bóveda

Promotor:

Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Ourense. Arquitecto, Javier Suances

Construtora:

Construcciones Paraxe S.L.

Jefe de Obra, Fernando Soengas

Situación:

Ourense

Ano:

2011

Superficie:

327 m2

Fotografía:

Descrición

É posible que as cabanas entre as árbores estiveran na orixe do proxecto. Pode que os nosos hórreos, tamén. Estráñanse eses momentos de xogos infantís. A propia configuración do terreo, acompáñanos; en medio do parque, illados, entre árbores, terreo en pendente...

A gardería plantéxase nunha soa planta por razóns de uso e accesibilidade. O acceso no encontro co punto máis alto do terreo, a mode de ponte levadiza, pero fixa. Zaguán habilitado para deixar os carritos e cortaventos introdúcenos no edificio, que se organiza en cinco franxas funcionais paralelas. Unha sala de usos varios reparte xogo; cara o norte, os espazos servidores, con acceso independente; despacho, vestiario de persoal, cociña e sala de instalacións. Un primeiro filtro con ropeiros e aseos, aulas e balcón-zona de xogos cara o sur, dominando o campus universitario. Os cerramentos flexibles entre as aulas permiten diferentes posicións, desde a total independencia entre elas á posibilidade dunha sala conxunta. Os quiebros en planta, engadidos aos reflexos dalgúns espellos e vidros e a utilización de materiais similares no interior e exterior favorecen a sensación de amplitude, a pesar do axustado tamaño do inmoble.

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Finalista Premio German Design Award. Alemaña 2016

  • Finalista Premio Detail Prize. Berlín 2015

  • Seleccionada VI Premios Enor. Vigo. España 2014

  • Finalista Premios Endesa. Barcelona 2013

  • 2º Giancarlo Ius Gold Medal. Italia 2013

  • Seleccionada VI Bienal Internacional de Aruqitectura Barbara Capochin. Italia 2013

  • Premios A+ mellor edificio educativo de España. Barcelona 2013

  • Seleccionada XII Bienal de Arquitectura Española. Madrid 2013

  • Finalista XV Premios COAG. Santiago de Compostela 2012

Faladoiros CMD sobre madeira... con Abalo Alonso Arquitectos

Data: Mércores, 29 de xaneiro de 2025

Hora: 18:00 horas

Lugar: A Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15, Santiago de Compostela)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica

Descrición: Con este Faladoiro trátase de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en madeira. Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Abalo Alonso Arquitectos, compartirán as solucións empregadas e os retos que superaron en diferentes intervencións onde a madeira ten un protagonismo destacado.

Trala súa intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura, etc. A finalidade destes encontros é compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.

Inscricións

Reforma da Autoridade Portuaria de A Coruña

Ficha técnica

Autores:

Roberto Costas Pérez e Óscar Pedrós Fernández, Costas+Pedrós Arquitectos

Arquitecto técnico:

Eduardo Blanco Gallego

Empresas madeira:
Situación:

Avenida de la Marina, S/N, A Coruña

Ano:

2023

Superficie:

300 m2

Fotografía:

Descrición

O aumento significativo da actividade do Porto de A Coruña, tanto pola afluencia de cruceiros (comercial), como polo volume de operacións do Porto Exterior (mercantil) levou, por parte do organismo xestor, á ampliación dos espazos comúns de traballo dentro da súa sede. A necesidade de salas de reunión, videoconferencia, prensa e formación conduxeron á transformación do corpo central (antiga vivenda e terraza do Presidente), no espazo de relación do edificio.

A solución adoptada encaixa as necesidades funcionais plantexadas pola Autoridade Portuaria mediante unha xeometría sinuosa que recorre a unha redistribución máis xenerosa do espazo mediante acordos en curva, o que propicia un espazo máis fluído, cambiante, menos previsible, dentro dunha configuración orixinal tremendamente ríxida. Por outro lado, tamén busca invisibilizar a incómoda distribución de piares na planta, cuxo reformulo atende exclusivamente á configuración da escaleira principal nas plantas inferiores. Ao longo do corpo central esténdese unha sorte de substancia alba, neste caso leñosa que, a merced dos piares existentes, descomprime o espazo e facilita a relación entre os usuarios das ás este e oeste do edificio, antes desvinculadas. Esta configuración permite, ademais, albergar o resto de espazos comúns, tales como un office, unos novos aseos, un aula de formación e un espazo polivalente que se transforma mediante un tabique móbil, directamente vinculado á terraza, orientada ao peirao. 

En fase de proxecto e sobre a documentación dos planos de estrutura orixinais de 1947, practicáronse catas no dobre falso teito de rasilla e cartón-xeso (froito da acumulación de actuacións), para comprobar que existía unha estrutura de pórticos de vigas de canto e forxado de nervios "in situ" de formigón, que reforzarían a idea material dunha substancia leñosa convivindo coa materia gris que termina cualificando o teito dos espazos de reunión. O novo "organismo", o axón, insértase como unha peza que articula ese espazo fluído e que alberga todas as instalacións, reflectindo a contemporaneidade da actuación ao tempo que revela as capas anteriores do edificio e con iso, os inicios dunha forma de construír con formigón. 

Casa Passivhaus en Castrelo de Piñeiro

Ficha técnica

Autores:

Marta Trigás, arquitecta

Arquitecto técnico:
Cálculo estructura de madeira:
Situación:

Castrelo de Piñeiro, Ourense

Ano:

2021

Superficie:

100-250 metros cadrados

Descrición

A vivenda Passivhaus, ubicada en Castrelo de Piñeiro, é unha reconstrución que se asenta sobre os vestixios duns muros de pedra que sobreviviron ao paso dos anos, os cales recuperaron e completaron con estrutura e pel de madeira. 

Estes muros determinan a orientación da vivenda, o que condiciona a súa eficiencia enerxética. A edificación divídese en dous volumes orientados ao Norte cara a rúa e ás espectaculares vistas, e ao Sur cara o pequeno xardín.

A base desta casa pasiva son os materiais autóctonos. Para completar os muros de pedra existentes utilizaron madeira de castiñeiro e de eucalipto tanto na estrutura como na envolvente, que xunto co illamento mineral axudan a optimizar as condicións de confort interior.

As carpintarías son de madeira e triplo vídeo de altas prestacións para mellorar o comportamento enerxético da vivenda no clima extremo da zona, con invernos moi fríos e veráns moi cálidos. O deseño dos ocos das fachadas respecta o estilo das construcións tradicionais da súa contorna e ven determinado polas trazas preexistentes nos muros. Debido ás necesidades de captación solar, estes ocos adáptanse na fachada sur.

Máis que unha vivenda familiar, este proxecto quere formar parte da vida da zona e converterse nun motor económico seguindo os principios da economía circular, implicando para a súa construción aos profesionais e os recursos naturais da propia contorna para a súa construción.

INFORMACIÓN GRÁFICA

O proxecto aforra:

3568,353 kg/CO2/ano

Demanda de calefacción:

11 w/m2a

Carga de calefacción:

11 w/m2

Frecuencia de quentamento:

5%

Hermeticidade do aire:

0,6 renovacións/h

Demanda de enerxía primaria: 

129 kWh/m2a

Casa dos Profesores

Ficha técnica

Autores:

Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, ARQXÉ Arquitectura

Arquitecto técnico:

Óscar García Castro

Colaboradores:

Andrea López

Jorge García

Situación:

Tui (Vigo)

Ano:

Decembro 2021

Fotografía:

Iván Casal Nieto

Descrición

A Casa dos Profesores supón un reencontro co pasado, coas emocións e cos recordos vividos e que, trala explosión ocorrida o 23 de maio de 2018, esfumáronse nun abrir e pechar de ollos. Supón un reencontro no que a arquitectura debe aportar, unha vez máis, os fundamentos e as ferramentas necesarias para asistir e colaborar cos individuos que a habitan na reconstrución do lugar e, sobre todo, da súa memoria.

Orixinalmente, a parcela contaba cunha vivenda unifamiliar formada por un conxunto de volumes de diferentes alturas e diferentes materialidades, que se relacionaban entre si a través de espazos exteriores cubertos e adosándose entre eles.

A proposta do proxecto parte de recuperar a forma de relación dos volumes tradicionais que existía no conxunto orixinal e que se materializaba mediante a xeración de espazos ou estancias "auxiliares" que lles servían. Xorde así a idea de reordenar os 3 volumes tradicionais orixinais (as súas vivendas e a adega) conséndoos entre si mediante outros volumes máis baixos, xerando a relación directa entre espazos servidos e espazos servideiros.

A idea primixenia foi a de renacer a partir dos muros de pedra da antiga vivenda xerando un basamento sólidon sobre o que se posan uns corpos máis liviáns resoltos en madeira, nunha procura de formalizar o arquetipo vivenda. Debido ao mal estado de conservación dos muros, finalmente resólvese cun muro de fábrica revestida, xerando unha base continua, sólida e masiva, a adega, que se resolverá nunha fase posterior, manterá a base pétrea orixinal que se pretendía na vivenda.

A casa está resolta por varios volumes con cubertas a dúas augas e cunha envolvente continua en madeira que procura a lixeireza e verticalidade dominando o novo conxunto.

Funcionalmente, cósense mediante volumes planos, máis baixos, que sirven aos espazos principais albergados baixos as dúas augas. Debido á composición rocosa do terreo, a excavación vólvese complexa e custosa polo que se manteñen unicamente as dúas alturas no volume sur, permitindo xerar un espazo elevado destinado a dormitorio principal, estudo e espazos de lectura funcionado, á súa vez, como miradoiro. 

O proxecto atópase rodeado doutras vivendas unifamiliares, a maioría recén reconstruídas, terreos de cultivo e grandes árbores, nunha contorna entre o natural e o "neorural". COn esta resposta inténtase mostrar que hai unha nova forma de entender a arquitectura rural e que hai outros modos de proxectar xerando novas identidades; recurrindo a modos de construír tradicionais e ao emprego de materiais tradicionais con aplicacións contemporáneas.

A Casa dos Profesores xorde dun pequeno proxecto de vivenda unifamiliar contido en superficie, que busca unificar a identidade tradicional do pasado coa imaxe contemporánea do presente, todo iso, a través da xeración duns volumes primitivos puros e dunha materialidade continua e natural.

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio Gran de Area 23 (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia)
  • Finalista Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023 (Xunta de Galicia)
  • Obra seleccionada XX Premios COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia)
  • Finalista mellores proxectos de arquitectura en madeira 2022 (AITIM)

Primeira Convocatoria dos Premios da Casa da Arquitectura 2025

Data: Ata o 3 de febreiro de 2025

Organiza: O Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana

Descrición: Os premios, distribuídos en seis categorías (adaptabilidade, cohesión, innovación, acción pública, efímeras e investigación) buscan outorgar o recoñecemento publicamente a profesionais e empresas que contribuíron significativamente ao prestixio da arquitectura española, de acordo cos principios da Lei de Calidade da Arquitectura e achegar á sociedade o seu compromiso co benestar colectivo a través da capacidade que ten a arquitectura de abordar os retos presentes e futuros da nosa sociedade.

Máis información: https://datosarquitectura.es/siga/DescargaArchivos?mod=audiovisuales&archivo=Dossier%20Premios%20LCA_2025.pdf

Informe da Cadea Forestal-Madeira de Galicia 2023-2024*

Algúns datos que recolle este informe: 

  • A facturación conxunta dos subsectores principais da cadea de valor foretal madeira ascendeu a 2.438 millóns de euros.

  • As catro ramas principais da cadea de valor superan a data de Novembro de 2024, os 19.000 afiliados á Seguridade Social.

  • En 2023, o sector exportou por valor de 2.396 millóns de euros. 

Referencia completa

Investigadores da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo.

Axencia Galega da Industria Forestal, XERA

CONSULTAR O INFORME COMPLETO

28º Fórum Holzbau Internacional

Data: Do 4 ao 6 de decembro de 2024

Descrición: Trátase dun dos eventos de referencia en Europa para os profesionais do sector da construción con madeira. Unifícanse todos os axentes implicados no desenvolvemento da construción con madeira, desde os investigadores, os técnicos e os construtores ata as industrias.

O programa conta con máis de 80 relatorios, agrupados en bloques temáticos que se desenvolven de maneira simultánea.

Obxectivo: Compartir sinerxías entre todas as persoas que participan, creando e mantendo contactos para avanzar na dirección dunha arquitectura máis sostible, coñecendo as últimas novidades do sector e permanecendo unidos e actualizados.

Máis información: https://forum-holzbau.com/de/home

 

VIII Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira

Data: 21 de novembro de 2024

Modalidade: Presencial (Finca da Rocha, Santiago de Compostela)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica

Patrocinadores: Grupo Ramón García, Laminados Villapol, Maderas Rubén, Mobalco, Molduras del Noroeste, Siero Lam e Wood is Wood.

Descrición: A rehabilitación en madeira adquiriu nos últimos anos un protagonismo especial. O interese crecente de clientes por esta disciplina tradúcese en novas iniciativas onde este material adquire cada vez un maior protagonismo polas súas características naturais, pola súa versatilidade, beleza e polos beneficios que representa.

Estas xornadas pretenden see un punto de encontro entre profesionais da arquitectura, o deseño, industria, carpinteiros, Unviersidade e centros tecnolóxicos onde debater as posibilidades que ofrece a rehabilitación en madeira e amosar diferentes solucións técnicas con este material.

Na xornada de mañá, Liqe Arquitectura, Seara Peleteiro Arquitectos e Arqxé Arquitectura compartirán algunhas das súas obras nesta disciplina. Xa pola tarde, realizarase unha visita guiada a diferentes obras de Seara Peleteiro, en Allariz.

CONSULTAR PROGRAMA

INSCRICIÓNS

Piñeiros 24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia

Data: Martes, 24 de outubro

Modalidade: Presencial. Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela

Organiza: Fundación Arume coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal

Descrición: A Fundación Arume presenta a cuarta edición de Piñeiros 24, encontro internacional especializado en coníferas que contará cun relatorio principal, a cargo do arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, Dominique Perrault; e con tres mesas redondas que abordarán cuestións claves na cadea forestal-madeira, como son o papel da madeira na descabornización e industrialización da construción, experiencias na xestión de montes e, en terceiro lugar, innovacións en usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.

Máis información da xornada