Curso de Formación Específica en Cálculo de Estruturas de Madeira
Data de inicio
05/06/2025
Data de fin
05/07/2025
Categoría Publicación
Modalidade Publicación
Data: Do 5 de xuño ao 5 de xullo de 2025
Modalidade: Presencial (Pemade, Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural. Campus Lugo
Organizan: A Axencia Galega da Industria Forestal e Pemade
Contido formativo: Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permite un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento dos exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.