Curso técnico en deseño, prefabricación e montaxe mediante entramado lixeiro de madeira
Data: 27, 28 e 29 de maio; 3, 4, 5, 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de xuño; 1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de xullo
Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal
Lugar: Online (en directo)
Descrición: A formación ten como obxectivo introducir aos profesionais da construción en especialidades do deseño e construción con entramado lixeiro de madeira. Trátase dunha formación específica sobre os diferentes tipos ou sistemas construtivos baseados nun entramado lixeiro de madeira, as súas diferentes posibilidades de composición, a estrutura das súas capas e os diferentes motivos da súa utilización, así como as etapas de deseño e fabricación. Tamén se darán a coñecer os beneficios ambientais que supón o desenvolvemento de edificios de consumo enerxético case nulo e as vantaxes que ten o uso da madeira para a súa consecución.