Seminario de cálculo de sistemas mixtos madeira-formigón

Data de inicio
11/07/2025
Data de fin
12/07/2025
Categoría Publicación
Modalidade Publicación

Datas: 11 e 12 de xullo de 2025

Organiza: Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (Pemade)

Lugar: Pemade-USC (Campus de Lugo)

Descrición: No marco do proxecto Life Wood for Future, este seminario afondará no MCLam BS, produto estructural mixto de madeira e formigón, deseñado para a construción. Trátase dunha solución industrializada que combina vigas laminadas de madeira con formigón, formando un sistema construtivo prefabricado.

A combinación de madeira e formigón permite obter elementos estruturais resistentes, duradeiros e con propiedades illantes. 

A formación é gratuíta.