Curso de Rehabilitación de Estruturas de Madeira

Data: 16, 17 e 24 de novembro

Modalidade: Online (seminario web) e presencial (as visitas e talleres, quen o desexe)

Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal

Descrición: O obxectivo deste curso é, dende un enfoque eminentemente práctico, plantexar os fundamentos da rehabilitación das estruturas de madeira. O contido deste curso profundiza e amplía o apartado de rehabilitación exposto polo profesor Manuel Touza no curso de Introdución ás estruturas de madeira, desenvolvido nos pasados meses de setembro e outubro.

Plantearanse os principios de diagnose das patoloxías en estruturas de madeira e expoñeranse varios exemplos de intervención, repasando así mesmo as tipoloxías estruturais máis habituais presentes en Galicia. 

Estes contidos complementaranse coa explicación in situ das intervencións levadas a cabo no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo e no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Haberá a oportunidade de coñecer estas actuacións e aprender a forma e manexo de ferramentas de medición especializadas.

As visitas serán gravadas polo que será posible asistir presencialmente (aforo limitado) ou visualizalas en diferido.

Programa completo: https://drive.google.com/file/d/1pEKG880pVUf9fediJ1_J-TWMI8e3FXHK/view

Inscrición: https://www.coag.es/formacion/boletin_inscripcion.asp?id_curso=677

Guía da madeira. Capítulo 2: Durabilidade. Documento de aplicación del CTE

A finalidade desta publicación é presentar os factores crave dos que depende a durabilidade dun proxecto de construción en madeira. Para iso, inclúese diversa información normativa e documental, así como numerosas fontes bibliográficas, accesibles a través de internet, que permiten profundar nos temas tratados.

A través dos distintos apartados, analízanse os conceptos que é necesario considerar para estimar a durabilidade dun proxecto en madeira. Estes conceptos inclúen desde a elección da clase de uso ou o tipo de protección química a aplicar, cando sexa necesaria, ata aspectos relativos á importancia dun deseño construtivo adecuado.

Varias normas citadas nesta publicación, no momento da súa redacción, atopábanse en fase de proxecto ou en revisión, polo que é importante comprobar a súa vixencia consultando a páxina web da Asociación Española de Normalización (www.aenor.es).

 

Referencia completa

Touza Vázquez, M.C. 2013. Guía de la Madera. Capítulo 2: Durabilidad. Documento de Aplicación del CTE. Confemadera Hábitat. 96 pp. ISBN: 978-84-695-7044-9.

Guía da madeira. Capítulo 2: Durabilidade. Documento de aplicación del CTE

Solo de madeira Step & Wall

Solos de madeira natural con chapa de 0,6 e 2,2 mm de carballo e outras especies. Orecen unha gran variedad de formatos XL desde 2420x265 mm ata o formato espiga, en 810x135 mm.

Certifican clase 31 e 32 para acadar ata un uso comercial moderado, apto para locais comerciais de alto tránsito de persoas. 

Teñen máis de 40 deseños inspirados nas últimas tendencias do mercado e ofrecen diferentes opcións de acabados.

Máis información

Máis información 

III Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada

Data: 24, 25, 26 e 31 de outubro e 2, 7, 8, 9, 14 e 15 de novembro

Modalidade: Online e presencial (Fundación Laboral da Construción de Lugo)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, Fundación Laboral da Construción, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Dirixido a: Traballadores en activo do sector da construción con experiencia previa como operarios de obra, preferentemente en montaxe doutros sistemas estruturais de madeira.

Descrición: O obxectivo principal deste curso é formar na xestión e montaxe de obras de CLT de maneira que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios, así como as medidas de protección de saúde necesarias para realizar a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometelos con éxito na obra.

Inscripción: https://docs.google.com/forms/d/1sR1pwe2myA5vjQLlrkJH_wKhd0w-a775Jv0W3FiBYO0/edit?hl=es 

Más información: https://clustermadeira.com/noticias/iii-curso-de-formacion-de-instaladores-de-estructuras-de-madera-contralaminada/

Encontro Piñeiros 23

Data: 10 de outubro

Modalidade: Presencial (Cidade da Cultura de Santiago de Compostela)

Organiza: Fundación Arume, cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal

Dirixido a: Empresas da cadea forestal da madeira, arquitectos e investigadores

Descrición: A xornada conta con tres bloques principais: edificios de baixo impacto con coníferas do sur de Europa; innovación e cooperación na mellora xenética do piñeiro radiata, e bioeconomía e madeira no espazo rural (moble, viño, arte e turismo)

Programa: file:///C:/Users/Lignum.facile/Downloads/GL_Programa%20Pi%C3%B1eiros%202023.pdf

Máis información e inscricións: https://www.fundacionarume.gal/o-encontro-pineiros-23-posicionase-como-un-escaparate-internacional-da-innovacion-na-cadea-forestal-madeira-de-coniferas

Consulta

- Estou a traballar nun proxecto que require do uso de madeira acetilada, e necesitaría saber de empresas proveedoras de ese tipo de madeira. En espara da súa respota, aproveito para saudalos moi atnetamente.

RESPOSTAS

RESPOSTA DO EXPERTO

Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Bos días.

Moitas grazas pola consulta.

En Galicia Finsa fabrica el tablero Infinite Tricoya (se adjunta ficha técnica)

https://www.finsa.com/es/fp/infinitetricoya-fin_infini_tricoya/finsa-infinite-tricoya/finsa-infinite-tricoya-%C2%AE

Algunas empresas que distribuyen este tablero serían Maderas Besteiro y Maderas Rubén.

A mayores Grupo Gámiz distribuye madera acetilada Accoya. 

 

COMENTARIOS

Xornada técnica: Marca pino de Galicia

Data: 27 de setembro

Horario: 11:00 a 14:00 horas

Modalidade: Presencial (Biblioteca de CESUGA)

Organiza: Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)

Dirixido a: Estudantes e docentes do Grao de Arquitectura

Descrición: Trátase dunha actividade divulgativa na que se explicará  que é a marca pino de Galicia e o traballo que realizan no sector. Trala charla, terá lugar un taller de produtos de madeira de Pino de Galicia. 

III Xornadas Internacionais de Madeira 2023: Wood Design & Construction Workshop

Data: do 18 ao 24 de setembro.

Modalidade: presencial (A Coruña e Arteixo)

Organiza: Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)

Dirixido a: Estudantes de Arquitectura, Enxeñaría, Deseño e Formación Profesional, así como a profesionais en activo no ámbito da arquitectura, a instalación en madeira e da industria forestal-madeira

Descrición: As xornadas toman o formato dun obradoiro intensivo tutelado polos arquitectos convidados Sebastián Erazo Fisher e Stefano Pugliese. Plantéxase o deseño e construción dunha instalación artística de carácter temporal, efímero e experimental. Traballarase con elementos prefabricados, aplicando sistemas de sostenibilidade e protección medioambiental.

Programa: https://cesuga.com/wp-content/uploads/2023/09/Programa-Workshop_CESUGA.pdf

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdwN8nNm1gQC9-LStgYZ8T6IUSm0tRMt04MVWTGWYGP8Emkfg/viewform

Premios Gran de Area 2023

As delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios Gran de Area, que supoñen un recoñecemento a arquitectos e promotores, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, polo seu labor, necesariamente conxunto, para obter unha obra arquitectónica de calidade. 

A plataforma online de xestión dos premios da web colexial estará aberta ata o vindeiro 28 de setembro, ás 14:00 horas. 

Baseshttps://portal.coag.es/wp-content/uploads/2023/07/Circular-19-2023-Secretaria.pdf

Presentación de candidaturas:

http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas 

6ª edición do Máster en Estruturas, Construción e Deseño en Madeira

Data: mediados de setembro ata finais de xuño (xoves e venres, tarde e venres, de mañá)

Modalidade: presencial

Organiza: Universidade do País Vasco en colaboración coa Asociación da Madeira de Euskadi (Baskegur) e o Goberno Vasco. 

Dirixido a: persoas que pretendan profundizar no coñecemento do deseño, o cálculo e a construción en madeira con aspiracións a desenvolver o seu labor profesional neste sector emerxente. 

Descrición: O obxectivo do máster é a formación de titulados universitarios para que poidan integrarse en empresas do sector da madeira ou mellorar as súas capacidades no seu exercicio profesional. Para iso, o Máster ofrece profesorado, infraestruturas docentes e de laboratorio para prestar os mellores servizos ás necesidades actuais demandadas polas empresas e a sociedade en xeral.

Inscrición: http://mastermadera.com/inscripcion/

Máis información: http://mastermadera.com/