Faladoiro de Madeira con Abalo Alonso Arquitectos

Data de inicio
09/10/2024
Data de fin
09/10/2024
Categoría Publicación
Modalidade Publicación

Data: Mércores, 9 de outubro

Modalidade: Presencial. Casa do Taberneiro. Rúa de San Pedro, 15 (Santiago de Composterla)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica

Colaboración: Abalo Alonso Arquitectos

Descrición: Emulando ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela e que reunían aos grandes intelectuais da época, estes faladoiros buscan fomentar un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.

Trala boa acollida da anterior sesión na que contamos con Arrokabe Arquitectos, retomamos un novo Faladoiro con Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Abalo Alonso Arquitectos, que compartirán as solucións empregadas en diferentes intervencións realizadas en madeira.

Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura ou a descarbonización dos edificios, entre outros. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.
 

Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeBruy3JV_n9MpAtvbDqOlfAcInci03z86vUyYq9pY4FNqZ6g/viewform