Consulta

- ¿Cál é a especie da que é máis sinxelo conseguir madeira para uso estrutural en Galicia?

RESPOSTAS

RESPOSTA DO EXPERTO

Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

Dende o punto de vista de mercado, a disponibilidade de madeira para uso estrutural en Galicia, no que se refire a especies de orixe local, tendo en conta a súa facilidade para conseguilas serían o piñeiro (radiata e pinaster, fundamentalmente) e o eucalipto globulus.

Os produtos comerciais serían a madeira contralaminada (CLT) no caso do piñeiro, e a madeira laminada no caso do globulus.

COMENTARIOS

Curso de Formación en Construción Industrializada e Eficiente con Madeira

Data: 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 e 22 de setembro

Modalidade: Online e presencial (Fundación Laboral da Construción)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Fundación Laboral da Construción, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Arume

Dirixido a: carpinteiros e montadores especialmente, pero tamén dirixido a empresarios do sector da madeira e /ou a construción e a todos os operarios e técnicos do sector da construción en xeral. Estará aberto a todos aqueles axentes da construción que leven o poidan levar a cabo a execución de construcións de madeira, desde os pedidos de material inicial, pasando pola fabricación e prefabricación de paneis nos seus diferentes graos de industrialización, segundo os requerimentos de cada proxecto, fases de carga para o transporte e montaxe en obra.

Descrición: O obxectivo principal deste curso é capacitar a operarios do sector da madeira e a construción na fabricación e montaxe de estruturas de madeira baseadas en entramados lixeiros de madeira e CLT, con illantes térmicos que permitan a consecución de construcións eficientes de consumo enerxético case nulo. 

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1lOvHc8p62yjKVFuaOBUO7tutEkrEcxClZP0zwozD6JI/edit

Máis información: https://media.timtul.com/media/web_clustermadeira/PROGRAMA_Curso%20en%20Formacion%20en%20Construccion%20Industrializada_20230802114453.pdf

Curso de introdución ás estruturas de madeira

Data: 7, 8, 14, 15, 21, 22 de setembro e 20 de outubro

Modalidade: Online ou en diferido

Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal

Dirixido a: Arquitectos e perfís técnicos que desexen unha visión xeral sobre as características da madeira e a súa utilización en construción e edificación

Descrición: O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Farase un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas contrutivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade e deseño de detalles. 

A proposta inclúe tamén unha introdución ao cálculo estrutural, coa presentación de ferramentas de predimensionado como Trabe e as determinacións do marcado CE.

As explicacións teóricas complementaranse con dúas visitas presenciais de interese de carácter voluntario á empresa Maderas Besteiro e ao edificio Impulso Verde. 

Inscrición: http://www.coag.es/formacion/boletin_inscripcion.asp?id_curso=670

Máis información: https://portal.coag.es/es/agenda/curso-de-introduccion-a-las-estructuras-de-madera/

XII Xornadas de Arquitectura e Deseño

Data: 07/07/2023 (venres)

Modalidade: Presencial. 

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e Instituto Galego de Promoción Económica.

Dirixido a: Arquitectos, deseñadores, ebanistas, artesáns, instaladores, empresas do sector da madeira.

Descrición: Punto de encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de ideas. Ten como finalidade debater sobre a importancia estratéxica que ten que o deseño, arquitectura e industria aúnen esforzos e traballen conxuntamente. 

Inscrición: https://clustermadeira.com/eventos/xii-jornadas-de-arquitectura-y-diseno/registration 

Máis información: XII Xornadas de Arquitectura e Deseño

II Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada

Data: 26/06/2023 - 29/06/2023 (luns, martes, mércores e xoves).

Modalidade: Presencial. 

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, Fundación Laboral da Construción coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica.

Dirixido a: Traballadores en activo do sector da construción con experiencia previa como operarios de obra, preferentemente en montaxe doutros sistemas estruturais de madeira.

Descrición: Formación na xestión e montaxe de obras de CLT de maneira que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios, así como as medidas de protección de saúde necesarias para realizar a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometelos con éxito.

Inscrición: https://clustermadeira.com/eventos/ii-curso-de-formacion-de-instaladores-de-estructuras-de-madera-contralaminada/registration 

Máis información: II Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada 

Curso de Cálculo Sísmico en estruturas de madeira

Data: 21/07/2023 (presencial) e do 26 ao 28/07/2023 (online)

Modalidade: Presencial e online.

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Dirixido a: Titulados que de Grao, Máster ou equivalente que cursaran materias de estruturas nos ámbitos de edificación e/ou enxeñaría (permitido o acceso co TFG/TFM en curso, superando todas as materias).

Descrición: Formación en cálculo sísmico en estruturas de madeira mediante clases teóricas presenciais e clases online en deseño e cálculo a través de software especializado a través de casos concretos. Tamén se abordará a investigación experimental actual.

Para impartir a formación, cóntase con profesionais de recoñecido prestixio internacional e experiencia neste ámbito.

Inscrición: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp

Máis información: Info curso de Cálculo Sísmico en Estruturas de Madeira

Fachada de madeira Triplo

A fachada de madeira de piñeiro triplo con termotratamento Thermopine é un produto de calidade premium.

Este produto formado por tres listóns unidos, con surcos profundos entre eles para crear un aspecto de listón moderno na superficie. A instalación é máis fácil e rápida que instalar listóns individuais. Trátase dun panel machihembrado. É combinable co perfil de facgada duplo.

Este tipo de fachada respecta as características naturais que posúe a madeira e pode empregarse en disposición horizontal ou vertical, tanto en interiores como en exteriores.

A madeira Thermopine presenta os seguintes beneficios:

- Madeira enteiramente natural pois elimínase todo produto químico ou biolóxico no seu tratamento.

- Gran estabilidade dimensional xa que resiste ás condicións climáticas máis esixentes.

- Mellora da eficiencia enerxética pois as fachadas ventiladas de madeira Thermopine son un excelente illante térmico.

- Confort e comodidade ao xerar ambientes naturais con uniformidade e beleza.

- Cumpre os requisitos de certificacións ambientais como LEED, BREEAM ou Passivhaus.

Para manter a durabilidade no tempo require un tratamento superficial, pigmentado e protexido contra os raios UV. Existen opcións en diversas cores de lasurado en fábrica.

Cociña Matisse

Porta fabricada en taboleiro de 19 mm. de espesor, formada por un entrepano coa veta horizontal e dos largueiros de 80 mm. de ancho con veta vertical.

Antes do armado da porta, cantéanse os largueiros e o entrepano, e unha vez finalizado, cantéanse os seus catro cantos exteriores. Todos os cantos son de ABS de 1 mm.

Un canto horizontal mecanízase e inserta un perfil de aluminio anodizado con acabado mate a modo de tirador, encamisando en calquera material do modelo, que ocupa toda a súa anchura.

Curso de cálculo de estruturas de madeira

Data: 15/06/2023 - 15/07/2023 (xoves, venres, sábados).

Modalidade: Presencial. 

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Dirixido a: Titulados que cursaran asignaturas de estruturas nos ámbitos de edificación e/ou enxeñaría.

Descrición: Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permita un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos, posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento de exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.

Inscrición: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp

Máis información: Info curso de cálculo de estruturas de madeira