Curso de Rehabilitación de Estruturas de Madeira
Data: 16, 17 e 24 de novembro
Modalidade: Online (seminario web) e presencial (as visitas e talleres, quen o desexe)
Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal
Descrición: O obxectivo deste curso é, dende un enfoque eminentemente práctico, plantexar os fundamentos da rehabilitación das estruturas de madeira. O contido deste curso profundiza e amplía o apartado de rehabilitación exposto polo profesor Manuel Touza no curso de Introdución ás estruturas de madeira, desenvolvido nos pasados meses de setembro e outubro.
Plantearanse os principios de diagnose das patoloxías en estruturas de madeira e expoñeranse varios exemplos de intervención, repasando así mesmo as tipoloxías estruturais máis habituais presentes en Galicia.
Estes contidos complementaranse coa explicación in situ das intervencións levadas a cabo no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo e no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Haberá a oportunidade de coñecer estas actuacións e aprender a forma e manexo de ferramentas de medición especializadas.
As visitas serán gravadas polo que será posible asistir presencialmente (aforo limitado) ou visualizalas en diferido.
Programa completo: https://drive.google.com/file/d/1pEKG880pVUf9fediJ1_J-TWMI8e3FXHK/view
Inscrición: https://www.coag.es/formacion/boletin_inscripcion.asp?id_curso=677