Curso de cálculo de estruturas de madeira

Data: 15/06/2023 - 15/07/2023 (xoves, venres, sábados).

Modalidade: Presencial. 

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Dirixido a: Titulados que cursaran asignaturas de estruturas nos ámbitos de edificación e/ou enxeñaría.

Descrición: Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permita un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos, posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento de exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.

Inscrición: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp

Máis información: Info curso de cálculo de estruturas de madeira

Frisonoble Modelo 525. Unha ranura alistonado/almenado 

Lamas de madeira maciza machiembradas de lonxitude variable de 96 mm de ancho e 22 mm de grosor. Dispoñible en madeira de abeto, ayous, piñeiro tea, piñeiro roxo, piñeiro roxo ignífugo, piñeiro roxo tratado térmicamente, carballo, faia...Unha vez instalado, o efecto é de palillería continua.

Máis información

https://grupomolduras.com

Superpan Tech

Superpan Tech é un taboleiro estrutural con caras de fibra de madeira e interior de partículas de madeira.
Dispoñible en clase estrutural P5, para ambientes húmidos e P4 ou P6 para ambientes secos.
Clasificado polo Institut Passivhaus polo seu bo comportamento de estanqueidade ao aire en sistemas de armazón de madeira lixeira.

Láminas para fachada Savia Thermopine

Láminas de madeira de piñeiro galego Thermopine tratadas térmicamente. Dispoñible en diferentes anchos, perfís e acabados, para colocación horizontal ou vertical.

Xilo-CLT e Xilo-CLT+

Xilo-CLT e Xilo-CLT+ son paneis formados por taboleiros de coníferas pegados entre si formando madeira contralaminada (panel de táboas de madeira maciza). As capas adxacentes adoitan colocarse perpendicularmente (ángulo de 90º) entre si. As seccións transversais do panel de táboas de madeira maciza son simétricas.

Xilo-CLT e Xilo-CLT+ constan de polo menos 3 e ata 9 capas de madeira clasificada a máquina con superficies cepilladas.
As especies de madeira utilizadas nas táboas de madeira son Pinus radiata e Pinus pinaster. As superficies dos paneis de táboas de madeira maciza pódense revestir con capas adicionais sen función estrutural nun ou ambos lados.
 

FORTRA. Trazabilidade da madeira mediante tecnoloxía blockchain

FORTRA (TRAzabilidade FORestal) é unha plataforma que a Xunta de Galicia pon ao dispor das empresas forestais co obxectivo de dar trazabilidade aos produtos derivados da madeira, rexistrando as operacións que realizan todas as empresas que forman parte do proceso de transformación, dende o bosque ata que o produto final chega ao mercado.

Referencia completa

Victoriano Maestre Aparicio, Proveedor tecnolóxico de Amtega para o proxecto FORTRA. Nunegal Consulting:

FORTRA. Trazabilidade da madeira mediante tecnoloxía blockchain.pdf

Como podo incorporar produtos de madeira sostible de proximidade no meu proxecto?

Data: 15/03/2023.

Modalidade: Videoconferencia. 

Organiza: Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Dirixido a: Persoas prescritoras e empresas construtoras que desexen prescribir con madeira local mediante FORTRA e a marca Pino de Galicia os seus proxectos de execución que incorporen a madeira como elemento estrutural.

Descrición: Videoxornada para dar a coñecer a marca de garantía Pino de Galicia e a ferramenta de trazabilidade blockchain para elementos construtivos en madeira denominada FORTRA.