III Xornadas Internacionais de Madeira 2023: Wood Design & Construction Workshop
Data: do 18 ao 24 de setembro.
Modalidade: presencial (A Coruña e Arteixo)
Organiza: Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
Dirixido a: Estudantes de Arquitectura, Enxeñaría, Deseño e Formación Profesional, así como a profesionais en activo no ámbito da arquitectura, a instalación en madeira e da industria forestal-madeira
Descrición: As xornadas toman o formato dun obradoiro intensivo tutelado polos arquitectos convidados Sebastián Erazo Fisher e Stefano Pugliese. Plantéxase o deseño e construción dunha instalación artística de carácter temporal, efímero e experimental. Traballarase con elementos prefabricados, aplicando sistemas de sostenibilidade e protección medioambiental.
Programa: https://cesuga.com/wp-content/uploads/2023/09/Programa-Workshop_CESUGA.pdf
Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdwN8nNm1gQC9-LStgYZ8T6IUSm0tRMt04MVWTGWYGP8Emkfg/viewform