Curso de introdución ás estruturas de madeira
Data: 7, 8, 14, 15, 21, 22 de setembro e 20 de outubro
Modalidade: Online ou en diferido
Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal
Dirixido a: Arquitectos e perfís técnicos que desexen unha visión xeral sobre as características da madeira e a súa utilización en construción e edificación
Descrición: O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Farase un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas contrutivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade e deseño de detalles.
A proposta inclúe tamén unha introdución ao cálculo estrutural, coa presentación de ferramentas de predimensionado como Trabe e as determinacións do marcado CE.
As explicacións teóricas complementaranse con dúas visitas presenciais de interese de carácter voluntario á empresa Maderas Besteiro e ao edificio Impulso Verde.
Inscrición: http://www.coag.es/formacion/boletin_inscripcion.asp?id_curso=670
Máis información: https://portal.coag.es/es/agenda/curso-de-introduccion-a-las-estructuras-de-madera/