Curso de Formación en Construción Industrializada e Eficiente con Madeira

Data de inicio
11/09/2023
Data de fin
22/09/2023
Categoría Publicación
Modalidade Publicación

Data: 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 e 22 de setembro

Modalidade: Online e presencial (Fundación Laboral da Construción)

Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Fundación Laboral da Construción, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Arume

Dirixido a: carpinteiros e montadores especialmente, pero tamén dirixido a empresarios do sector da madeira e /ou a construción e a todos os operarios e técnicos do sector da construción en xeral. Estará aberto a todos aqueles axentes da construción que leven o poidan levar a cabo a execución de construcións de madeira, desde os pedidos de material inicial, pasando pola fabricación e prefabricación de paneis nos seus diferentes graos de industrialización, segundo os requerimentos de cada proxecto, fases de carga para o transporte e montaxe en obra.

Descrición: O obxectivo principal deste curso é capacitar a operarios do sector da madeira e a construción na fabricación e montaxe de estruturas de madeira baseadas en entramados lixeiros de madeira e CLT, con illantes térmicos que permitan a consecución de construcións eficientes de consumo enerxético case nulo. 

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1lOvHc8p62yjKVFuaOBUO7tutEkrEcxClZP0zwozD6JI/edit

Máis información: https://media.timtul.com/media/web_clustermadeira/PROGRAMA_Curso%20en%20Formacion%20en%20Construccion%20Industrializada_20230802114453.pdf