VIII Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada
Data: do 17 ao 21 de marzo de 2025
Modalidade: Presencial (Fundación Laboral da Construción, de Lugo)
Horario: de 09:30 a 13:30 horas e de 14:30 a18:30 horas
Organiza: Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción e a axuda da Xunta de Galicia
Descrición: Dirixido a traballadores en activo de sector da construción con experiencia previa como operarios de obra, preferentemente en montaxe doutros sistemas estruturais de madeira.
Ten como obxectivo formar na xestión e montaxe de obras de CLT, de maneira que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios, así como as medidas de protección de saúde necesarias para realizar a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometelos con éxito na obra.
Límite de prazas: 14
*A formación é gratuíta, financiada 100% pola Xunta de Galicia