Curso de cálculo de estruturas de madeira
Data: 15/06/2023 - 15/07/2023 (xoves, venres, sábados).
Modalidade: Presencial.
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).
Dirixido a: Titulados que cursaran asignaturas de estruturas nos ámbitos de edificación e/ou enxeñaría.
Descrición: Formación no laboratorio de ensaios de estruturas que permita un mellor coñecemento estrutural da madeira. Formación en cálculo mediante a resolución práctica de proxectos, posibilitando a aprendizaxe de conceptos teóricos no marco das necesidades do desenvolvemento de exercicios prácticos. Contacto co sector industrial da madeira a través de visitas a obras e entidades.
Inscrición: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp
Máis información: Info curso de cálculo de estruturas de madeira