Guía técnica: Solucións Innovadoras en Madeira Estrutural na Arquitectura Galega Actual

Solucións Innovadoras

O obxectivo principal desta publicación é presentar as posibilidades de construción con madeira estrutural e as calidades da mesma, sobre todo dende un punto de vista técnico; para que o seu coñecemento promova o aumento da demanda deste tipo de produtos e que, xunto coa competitividade de prezos por menor transporte e o aumento da concienciación sobre un consumo máis responsable, axude a xerar o establecemento de máis industria local para a fabricación de produtos técnicos de madeira con madeira de Galicia.
A publicación amosa vinte e unha obras galegas construídas con madeira nos últimos cinco anos (2017-2022), recoñecidas pola súa calidade arquitectónica, e nas que se empregou un sistema estutural de madeira de deseño innovador ou produtos estruturais de madeira innovadores en si mesmos.
 

Referencia completa

Axencia Galega da Industria Forestal. Consellería do Medio Rural.
En colaboración coa Plataforma de Ingeniería de la Madera Estructural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Guía técnica. Solucións Innovadoras en Madeira Estrutural na Arquitectura Galega Actual.pdf