Vivenda entre medianeiras, Sar
Ficha técnica
(Cristina Ansede e Alberto Quntáns)
Gustavo Ríos Sánchez e Melchor Nogueira Uzal
Rebordelo, Segundo Rey, SieroLam
Privado
Trabecón S.L.
Santiago de Compostela
2020
180 m2
Luis Díaz Díaz
Descrición
Memoria
Os arquitectos atópanse unha construción soterrada na súa parte posterior, de dúas plantas, con fachadas á rúa e unha longa parcela pendente cara a parte posterior. A normativa permitía ampliar o fondo edificable ao dobre e construír un anexo na parcela.
Os arquitectos decidiron empregar esta ampliación para introducir luz cara a parte posterior da vivenda. Coa construción do anexo na planta baixa créase un patio ao que se volve á planta baixa e a través do cal, entra luz e aire na planta na que era máis difícil conseguilo.
A planta alta e a planta baixo cuberta constrúense sobre o volume orixinal, deixando un espazo vacío no punto a partir do cal, a casa amplíase. Desta forma, é posible ler ata onde chegaba a casa orixinal e que é ampliación. Algo que os autores consideran moi interesante en calquera intervención sobre cascos históricos para non perder a lectura histórica dos inmobles.
A través da grieta no punto no que termina a vivenda orixinal, articúlase unha escaleira que une as tres plantas e un patio a través do cal, ventilan estancias e conseguen unha vista cruzada de toda a lonxitude da parcela, o que dá unha sensación de maior amplitude.
Na parcela créanse terrazas ata a súa parte alta, formando así plataformas de uso e cultivo nunha parcela cunha forte pendente.
Por usos, a vivenda distribúese da seguinte forma: salón, comedor, cociña, baño e espazos auxiliares en planta baixa, tres dormitorios e un baño en planta primeira e un espazo polivalente con outro baño en planta baixo cuberta.
Conserváronse os muros de pedra e o resto, construíuse con madeira de castaño maciza. As vigas, solos, carpintaría (castaño laminado) e, incluso, mobiliario. Todo tratado con proteccións transpirables e detalles construtivos que garanten un correcto intercambio de humidade co ambiente. No caso do patio, empregouse en fachada de madeira termotratada de pino trasventilada.
Retos construtivos da obra:
Cando chegaron á intervención, os arquitectos atopáronse cunha ruína que estaba semi soterrada. O obxectivo principal era conseguir meter luz, por iso escavouse para atrás.
Ao principio, a escavación foi complicada xa que eran coñecedores do tipo de terreo que tiñan. Traballar entre medianeiras, onde hai terreo a ambos lados, é realmente complicado.
Para os arquitectos, a empresa construtora xogou un papel fundamental, sendo capaz de levar a obra ata o final. O baleirado foi importante. Tratouse de 27 metros de altura e unha profundidade de seis metros respecto á fachada de atrás.
A madeira xogou un papel fundamental en todo o proxecto, conformando toda a estrutura que non son muros de pedra.