San Martín Pinario

Restauración do Pavillón historicista e o muro perimetral de San Martín Pinario

Ficha técnica

Autores:

Juan Orozo Corredoira e Iago Seara Morales

Arquitecto técnico:

Guillermo Fernández Prieto

Colaboradores:

Gabriel Doval Caramés (arquitecto)

Roberto Saavedra Vilariño (arquitecto)

Tania Fraga Eiroa (arquitecta)

Obradoiros Enxeñeiros SL

Refuerza Consultoría SAU

Tempos Arqueológicos

 

Empresas madeira:

Maderas Rubén

Promotor:

Arzobispado de Santiago de Compostela

Construtora:

Obras Gallaecia SL

Situación:

Santiago de Compostela

Ano:

2023

Fotografía:

Denís Estévez Fernández 

Descrición

Existen varias hipóteses sobre os motivos da construción do Pavillón. Construíuse durante o funcionamento do Seminario Maior no Século XIX. Debido ás relacións e compromisos con institucións de Santiago de Compostela, presumiblemente co Programa de Exposicións Rexionais de 1858 e/ou 1909, posto que hai noticias da colaboración dos espazos de San Martín Pinario. O programa da exposición regulaba os produtos elexibles para o concurso e sábese que o claustro procesional do monasterio considerouse apropiado para parte da sección cultural.

Neste contexto, o Pavillón estaba a disposición de ser empregado para as Exposicións como espazo complementario para os usos do Seminario en etapas posteriores. Os valores históricos continuaron enmarcados naquel momento coa construción do Pavillón, co desexo de ofrecer o inmoble, a súa singularidade e o seu percorrido histórico, así como as súas características de uso, artísticas e arquitectónicas, participando activamente do feito social das Exposicións Rexionais, coincidentes co elevado número de exposicións.

O proxecto enfocou a rehabilitación-restauración do pavillón historicista para albergar de novo os usos culturais, fundacionais do mesmo, desde os tres valores fundamentais da New European Bauhaus (sustentabilidade, estética e inclusión) e asumindo os retos do Pacto Verde Europeo. 

A proposta de actuación no Pavillón recupera a arquitectura propia desta tipoloxía construtiva, liberando os espazos ocupados, poñendo en valor a linguaxe arquitectónica que combinaba a versatilidade dun espazo diáfano co emprego dun estilo enlazado coa tendencia europea da época.

Na intervención, recupérase e amplíase a cuberta a dúas augas sobre un muro de mampostería e piares de fundición de estilo modernista. A estrutura componse de repetición de cerchas formadas por pares, tirante e pendolón, fabricadas en viga laminada de piñeiro radiata nacional e reforzadas con ferraxería metálica.

Forxado realizado en paneis de CLT de 150 mm de piñeiro radiata nacional, atirantado á estrutura de cuberta e fixado mediante un anelo perimetral de perfil UPN metálico. 

A envolvente exterior executouse mediante unha galería composta por montantes verticais e horizontais, fabricados en viga laminada de piñeiro radiata. 

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Premio Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia 2025 na categoría Obras de Rehabilitación Patrimonial e Restauración

Valoración do xurado dos Premios COAG:

"O xurado tivo en conta a actitude exemplificativa dun proxecto que separa meridianamente a restauración dunha envolvente de alto valor patrimonial dun novo uso interior, de maneira que é respectuosa tanto coas formas históricas como coa nova espacialidade redescuberta. A medida e retranqueo adecuado da nova sección habitada interior, respecta e crea a suficiente profundidade de campo para resaltar a propia estrutura historicista á vez que xera un entresollado que tamén valoriza a estrutura e ritmo tradicional da estrutura de cuberta. O traballo é un exemplo de didáctica sobre o tratamento do patrimonio, sen estridencias nin desequilibrios".