O rincón dos sentidos

O rincón dos sentidos

Ficha técnica

Autores:

Quercus Arquitectura

Leonardo Llamas Álvarez.

María Pérez Oliver.

Promotor:

Privado.

Construtora:

Simón Blanco.

Situación:

Cenlle, Ourense

Ano:

2023

Fotografía:

Mario Sánchez Gómez

Descrición

Memoria:

Este campamento turístico formado por 6 cabanas realízase en dúas fases. O programa determinouse en función dos condicionantes de partida do solar e as necesidades das clientas. 

Cada cabana está conformada por muros prefabricados de carga de entramado lixeiro de pinus sylvestris con illamento entre montantes, cunha capa de fibra de xeso cara o interior e un panel superpan tech p5 cara o exterior, ao que hai que engadirlle unha capa de 2 cm de illamento para cortar a ponte térmica dos montantes e unha fachada ventilada rastrelada de pinus pinaster termotratada. Neste caso, buscouse como elemento de cubrición de cuberta o material de máis quilómetro cero na provincia de Ourense, a pizarra, a cal colocouse totalmente en bruto.

Coidouse moito o detalle construtivo, a configuración do espazo e o uso dos materiais.

O proxecto Ecoturismo enclávase nunha paisaxe privilexiada do Ribeiro, zona caracterizada pola súa forte tradición vitivinícola. As cabanas que forman parte do conxunto arquitectónico buscan mimetizarse coa contorna; un bosque afastado do núcleo urbano que durante o día enmarca as visitas do Ribeiro, para rematar cunha impresionante posta de sol. Desde esta perspectiva, os arquitectos decidiron tratar as cabanas non como construcións, senón como pequenos elementos insertados na contorna que non se perciban en exceso.

Ademais de enfatizar armoniosamente coa contorna a través dun deseño coidado e unha cor oscura, tanto en fachada como en cuberta, calquera dos materiais máis empregados no proceso construtivo das mesmas foi pensando nas emisión de manufacturación e transporte, por iso escolleuse madeira e pizarra como principais materiais de cubrición. 

Empregando materiais de quilómetro cero mantense o tecido económico dos oficios, artesáns e construtores locais, ademais do carácter e a diversidade da arquitectura vernácula. A utilización de materiais locais favorece o carácter sostible de calquera edificación xa que se aforran directamente as emisións do transporte do produto. Trátase de materiais que se poden adquirir localmente, que non necesitan ser transformados e, ao final da súa vida útil, pódense devolver ao medio ambiente. O enfoque da arquitectura quilómetro 0 ten como principal obxectivo proporcionar edificacións máis sostibles, saudables, económicas, socialmente accesibles e fortemente ligadas á identidade dos territorios.