Casa para unha artista
Ficha técnica
Castroferro Arquitectos, María G. Ferro e Jordi Castro
Antonio Arias
Joana Covelo Alonso
Jacobo Pérez Castiñeiras
Alba Teiga Guzmán
Laura Vázquez Seoane
Cliente privado
Vigo
2018
150 m2
Descrición
Alejandra é unha escultora que decidiu unir todo o seu mundo nunha pequena vivenda. Unha vivenda ubicada nesas zonas que as cidades esquecen dixerir. Construída, como todas as súas semellantes, a golpe de desexo e enxeño, xerando un conxunto feito a base de retais, os retais que en cada momento foron necesarios.
Habitar no mesmo espazo que traballa, sempre supón unha reflexión sobre a relación física de ambos lugares, sobre canto intoxica o un ao outro.
Este proxecto céntrase en, partindo dunha vivenda base, que a arquitectura axude a separar o emocional e fisicamente ambos lugares. Unha planta baixa e soto para o traballo e unha planta alta para o descanso.
A zona de traballo trátase coa maior literalidade posible, deixándose vistas todas as instalacións da planta superior, a estrutura do forxado de madeira coas súas vigas de madeira de piñeiro tea que deberon ser correctamente reforzadas, así como todos os muros orixinais cos seus múltiples parches construtivos.
Para dar fondo necesario do lugar de traballo onde a creación escultórica deba ser a que teña o centro de intesidade, decídese abstraer toda esa base material mediante unha capa de branco que, mantendo á mirada atenta ás pegadas materiais, logra evadir o fondo para poñer en relevancia o traballo escultórico de Alejandra.
A vivenda da artista sucede despegada do chan, abaixo queda o traballo cunha imaxe abstracta e masiva coa pedra e o formigón pulido ao solo. A vivenda será outra cousa.
O primeiro é que o espazo non sexa similar. Decídese eliminar o forxado existente para poder desfrutar de todo o volume. As fráxiles cerchas existentes de piñeiro tea, refórzanse cun novo pendolón e dous montantes de abeto laminado unidas á cercha existente con placas metálicas de fixación que se amosan proseguindo coa honestidade deste continuo construír en base a capas de aproveitamento que sempre definiu a arquitectura deste tipo de vivendas.
Mantense o forxado existente unicamente introducindo sobre a vella e lesionada táboa, un panel contrachapado de abeto de 240x120 cm que eleva a súa presenza grazas a ese xeneroso despiece.
Unha mínima intervención cunha viga e dous pés dereitos de madeira laminada fan de estrutura primaria da zona de dormitorios que se completa con viguetas de abeto laminado e, de novo, a peza de contrachapado a modo de taboleiro final no chan e parte inferior de teito de dormitorios.
O taboleiro contrachapado de abeto do solo sérvenos de perfecto antónimo ao formigón pulido da zona de traballo. Este espazo superior trátase deliberadamente como un contraste á materialidade pétrea inferior, resolvendo con madeira de tonos cálidos a nova actuación que recolle o deber do descanso.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
- Premio GDA 2021-2022 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
- Premio Grandearea das delegacións de Pontevedra, Ourense y Vigo do COAG