Casa da Conga

Casa da Conga. Delegación do COAG en Santiago de Compostela

Ficha técnica

Autores:

Belinda Besada, Marister Faílde, BMJ Arquitectos

Colaboradores:

Víctor M. González Magdalena

Situación:

Santiago de Compostela

Ano:

2020

Fotografía:

Manuel G. Vicente

Descrición

As arquitectas tiveron que adaptarse a un edificio cuxo uso foi transformado ao longo da historia... Tiveron que obter unha imaxe global do edificio, que corresponda á idea dun conxunto, coa axeitada representatividade necesaria das futuras instalacións da Sede e a Delegación do COAG.

O edificio enténdese como contedor cuxa forza marca e xera a pauta de intervención en cada unha delas. En todo momento, deberase manter a intención de conservar e potenciar o carácter e a claridade da traza existente. A idea de contrapoñer ao macizo, o pétreo, o inamovible, a lixeireza, a transparencia e a flexibilidade. O recurso de empregar a madeira, de maneira honesta, aproveitando as condicións propias do material, tanto en estruturas como en acabados.

Resolver a conexión entre sede (baixo cuberta), Colexio (planta primeira), realizando aperturas no muro central de medianeira, empregando o espazo interior inmediato ás escaleiras, de madeira, do edificio, como módulo colchón que formalizar a relación entre as instalacións colexiais. 

INFORMACIÓN GRÁFICA