Guía técnica para a implantación do Marcado CE en produtos de madeira para a construción

Marcado CE

Para o contido específico de produtos de madeira, a guía está apoiada en normas harmonizadas e outros documentos. Abarca a definición de conceptos xerais e a explicación do procesamento pola vía CEN cando o marcado é obrigatorio e pola vía EOTA cando é voluntario, mencionando en cada caso diversos produtos de madeira para a construción coa correspondente especificación técnica harmonizada de aplicación.
Tamén contén fichas específicas para produtos de madeira con marcado CE obrigatorio, indicando as características esenciais e os Sistemas de Avaliación e Verificación de Prestacións que se van aplicar.

Referencia completa

XERA (2020). Guía de Marcado CE. Produtos de madeira para a construción.
Axencia Galega da Industria Forestal. Consellería de Economía, Emprego e Industria.
En colaboración coa Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

https://ficheiros-web.xunta.gal/xera/guia-marcado-ce-xera-gal.pdf