Guía técnica Castiñeiro Verde na Construción
Esta guía enmárcase no proxecto "Madeira en Valor II: Fomento do emprego do castiñeiro e a súa contribución á descarbonización do sector da construción (2023-2025)", impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), en colaboración coa USC, a través de Pemade. A súa finalidade é promover o uso da madeira como material de construción e fomentar a valorización de especies forestais galegas, especialmente o castiñeiro, como recurso local con potencial para contribuír á decarbonización do sector.