En Madeira, outra forma de construír: O material construtivo sostible do s. XXI

Este manual estrutúrase en torno a tres áreas temáticas.

A primeira trata sobre a sustentabilidade da madeira na construción e abarca temas como a análise do seu ciclo de vida, a pegada ecolóxica, a certificación de xestión forestal e a cadea de custodia, e as certificacións ambientais do edificio.
Ligado a isto, analízase como unha segunda parte a problemática da madeira tropical e do uso da madeira e especies comerciais menos coñecidas.
A terceira parte ofrece un conxunto de coñecementos necesarios para o profesional que utiliza a madeira na arquitectura, dende as súas propiedades, os feitos que permiten acabar con falsos mitos, as bases do cálculo estrutural na madeira, un repaso dos produtos e sistemas construtivos en madeira e un conxunto de experiencias construtivas en madeira.

Referencia completa

FSC España (2018). En Madera, otra forma de construir. El material constructivo sostenible del siglo XXI. Madrid. 248 pp.

https://media.timtul.com/media/web_clustermadeira/en-madera-otra-forma-de-construir_20230320120750.pdf