Edifica 4.0. Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia

Edifica 4.0

Edifica 4.0 é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para promover a transformación do sector da construción cara modelos máis industrializados, eficientes e sostibles. O seu obxectivo é acelerar a adopción de sistemas construtivos avanzados, fomentando a fabricación industrial de compoñentes e módulos, a dixitalización dos procesos e a incorporación de solucións innovadoras que permitan reducir prazos, mellorar a calidade de execución e aumentar a produtividade do sector.

A iniciativa actúa ademais como un espazo de conexión e visibilización do ecosistema galego da construción industrializada, integrando empresas, centros tecnolóxicos, enxeñerías, estudos de arquitectura e outros axentes da cadea de valor. A través de ferramentas como o mapa de capacidades e o catálogo de solucións industrializadas, Edifica 4.0 facilita a colaboración entre actores, impulsa a innovación e contribúe ao desenvolvemento dunha industria da construción máis competitiva, sostible e preparada para responder aos retos da transición ecolóxica e a demanda de vivenda.