Arquitectura e madeira: obras significativas executadas con madeira

Arquitectura e madeira

Os trece proxectos recollidos nesta publicación preséntanse como un pequeno expoñente da arquitectura galega en madeira. Sen dúbida existen moitos máis exemplos construídos pola nosa xeografía, non recollidos agora, que dende esta publicación queremos fomentar o descubrimento e posta en valor des mesmos.
Trátase pois dunha primeira aproximación, a través da madeira, a un conxunto de obras e arquitectos de probada calidade e compromiso coa profesión que exercen en Galicia, desde a que mirar con optimismo as amplas posibilidades arquitectónicas e construtivas deste material milenario tan cargado de futuro.

Referencia completa

Carlos Pita Abad e Carlos Quintáns Eiras coa colaboración de Nuria Prieto González

https://media.timtul.com/media/web_clustermadeira/arquitectura-y-madera_20230320120751.pdf