Sarela Rehab

Sarela Rehab

Ficha técnica

Autores:

2es+. Oficina de Arquitectura.

Álvaro Marín Durán.

Arquitecto técnico:

Alfonso Castro Lorenzo.

 

Colaboradores:

Julio Jorge Durán.

Promotor:

Particular.

Construtora:

EMAC Proyectos y Obras.

Situación:

Santiago de Compostela

Ano:

2016

Fotografía:

2es+. Oficina de Arquitectura.

Descrición

Memoria: 

Un dos segredos mellor gardados da cidade de Santiago de Compostela atopámolo a beiras do río Sarela... A tan só un quilómetro da Catedral, é precisamente neste lugar onde se produce a excepcional singularidade da supervivencia do último contacto entre a cidade histórica e o seu territorio rural de orixe, cunha riqueza de matices na transición entre o urbano e rural que o converten nun dos espazos máis singulares desde o punto de vista ambiental da contorna inmediata da cidade.

Un lugar onde se mestura o agrario, o doméstico ou o industrial, combinando á perfección o seu uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de entretemento, así como de pesca, xogo e incluso baño.

Na actualidade, un paseo fluvial acompaña no seu percorrido ao Sarela facendo deste máxico lugar un dos espazos de uso público en contacto directo coa natureza máis emblemáticos de Santiago. Un sendeiro completamente abrazado por carballos e vexetación típica das ribeiras galegas: amieiros, bidueiros, salgueiros, etc; no que podemos atopar, aínda a día de hoxe, antigos muíños e fábricas de curtidos de coiro.

Co obxectivo de potenciar esta relación territorial coa cidade, desenvólvese o Plan Especial de Acondicionamento e Saneamento do Río Sarela e a súa contorna, e que será de aplicación directa no ámbito desta actuación.

Neste contexto, con acceso directo desde o paseo fluvial e a escasos metros do río, xorde a oportunidade da rehabilitación dunha vivenda con alpendre e uns 700 metros de finca, construída a principios dos anos 60, de construción modesta.

A pesar do seu importante estado de abandono e conservación, non é difícil imaxinar a vitalidade e riqueza espacial de tempos pasados. Rodeada de terreos de cultivo, a súa escala e posición estableceron unha relación coa contorna que, dalgunha maneira, débese recuperar e potenciar.

Esta relación terá como protagonista silenciosa á madeira que tan xenerosamente abraza e acompaña á súa contorna... Unha envolvente de madeira de pino cuperizado percorre os cerramentos renovando a súa pel e dotando ao conxunto do carácter e uniformidade necesarios. 

Un gran ventanal encadra o espazo... Un sistema de contraventanas exteriores filtran e gradúan os distintos graos de intimidade e relación, á vez que dotan ao conxunto dos seus alzados de gran dinamismo e protección. Unha habitación, un baño, un espazo en dobre altura, un lucernario, unha cheminea e un moble-escaleira completan a escena.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Finalista XVIII Premios COAG de Arquitectura I Vivenda unifamiliar (2019)
  • Finalista Premio Juana de Vega de Arquitectura I Vivenda unifamiliar (2018)