Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores
Ficha técnica
Carmen Lousame López
Jorge Fernández Alonso
Suárez y García a2
María del Carmen Cadórniga Valiño e Xan Filgueiras Lago
Abaco CR
Miraflores (Muros)
2018
264 m2
Héctor Santos-Díez
Descrición
Memoria:
A vivenda está ubicada no lugar de Miraflores, Muros, un pequeno núcleo rural de carácter tradicional, formado por un conxunto de vivendas de pedra e un elevado número de hórreos que no seu día albergaban, secaban e curaban as plantacións de millo.
A vivenda sitúase nunha parcela de forte pendente, orixinalmente compoñíase de dos volumes adosados que responden ao esquema tradicional de vivenda galega onde os espazos principais eran as cuadras e a cociña: co forno e a fresquera en pedra, pero co paso do tempo engádese un terceiro volume e realízanse unha serie de modificacións que desvirtúan o seu carácter. Os tres volumes adáptanse á pendente, protéxense dos ventos e case se pechan ás imponentes vistas da ría de Muros, dando lugar a un interior compartimentado de espazos reducidos e escuros.
A proposta parte do entendemento do lugar: a escala do núcleo rural, as preexistencias da vivenda, a materialidade da pedra, as vistas 180º da ría e o soleamento son os parámetros que se tiveron en conta á hora de plantexar a actuación. A idea de proxecto busca resaltar a súa identidade: dignificando o preexistente e creando un espazo interior fluído bañado pola luz e dirixido ás vistas.
O interior plantéxase como un espazo fluído no que a modo de percorrido transítase polas distintas alturas e estancias da vivenda desfrutando do carácter singular de cada un dos seus espazos. Xogando coa escala, as conexións visuais e a luz, conséguese crear un sistema espacial continuo que vertebra a experiencia espacial da vivenda.
A madeira, pino galego, como único material que unifica todo o interior, proporciona a calidez e reforza a idea da nova vivenda: o fogar.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
- Finalista Premios FAD 2019.
- Finalista Premios ENOR 2020.
- Mención especial Architizer A+Awards 2020.