Rehabilitación da Casa da Silleira
Ficha técnica
Alberto Redondo Porto
José Martín Valladares Durán
Marcial Rodríguez Rodríguez
Redondo Valladares y Rodríguez
Jesús Damiá Rodríguez
María Valladares Durán y Vicente Olmos Balaguer
Jesús Doce Otero
Callobre, A Estrada (Pontevedra)
2016
RVR Arquitectos
Descrición
Memoria:
A construción existente componse de dúas plantas e baixo cuberta con estrutura de muros de mampostería e teitos e cubertas de entramado de madeira e tella. No lado oeste, unha palleira únese á casa a través dun patio.
O novo programa da vivenda pretende modificar o menos posible a configuración estrutural da casa, mantendo os muros de mampostería como resistentes e dispoñendo o programa de tal forma que se poida reducir ao máximo a tabiquería, potenciando a presenza da estrutura portante e espacial actual.
As actuacións a realizar serán as necesarias para adaptar unha configuración funcional moi unida a un sistema de vida ligado aos traballos agrícolas, a unha nova maneira de vivir a casa, na que os seus habitantes non traballan xa no campo e, polo tanto, necesitan adaptar o existente ás súas novas necesidades.
Sen embargo, esa adaptación do existente ao novo, se se realiza de forma coidadosa e en continuidade construtiva co que hai, lonxe de afectar negativamente á casa, asegurará a súa supervivencia e poderá facela pervivir no tempo.
Os arquitectos pretenden sumar o espazo hoxe non empregado da antiga palleira para os espazos de uso habitual da casa. Para iso, créase un espazo de conexión entre a fachada oeste da casa e a antiga palleira. Este novo espazo actuará como conector entre a sala de estar que se sitúa no recinto da antiga palleira e a cociña da casa, que ocupa toda a renxía oeste da mesma, xusto no lugar onde se situaban as cadras na antiga vivenda.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
- Premio Gran de Area 2022.
- Finalista XVII Premios COAG de Arquitectura 2017.