Reforma da Autoridade Portuaria de A Coruña
Ficha técnica
Roberto Costas Pérez e Óscar Pedrós Fernández, Costas+Pedrós Arquitectos
Eduardo Blanco Gallego
Avenida de la Marina, S/N, A Coruña
2023
300 m2
Descrición
O aumento significativo da actividade do Porto de A Coruña, tanto pola afluencia de cruceiros (comercial), como polo volume de operacións do Porto Exterior (mercantil) levou, por parte do organismo xestor, á ampliación dos espazos comúns de traballo dentro da súa sede. A necesidade de salas de reunión, videoconferencia, prensa e formación conduxeron á transformación do corpo central (antiga vivenda e terraza do Presidente), no espazo de relación do edificio.
A solución adoptada encaixa as necesidades funcionais plantexadas pola Autoridade Portuaria mediante unha xeometría sinuosa que recorre a unha redistribución máis xenerosa do espazo mediante acordos en curva, o que propicia un espazo máis fluído, cambiante, menos previsible, dentro dunha configuración orixinal tremendamente ríxida. Por outro lado, tamén busca invisibilizar a incómoda distribución de piares na planta, cuxo reformulo atende exclusivamente á configuración da escaleira principal nas plantas inferiores. Ao longo do corpo central esténdese unha sorte de substancia alba, neste caso leñosa que, a merced dos piares existentes, descomprime o espazo e facilita a relación entre os usuarios das ás este e oeste do edificio, antes desvinculadas. Esta configuración permite, ademais, albergar o resto de espazos comúns, tales como un office, unos novos aseos, un aula de formación e un espazo polivalente que se transforma mediante un tabique móbil, directamente vinculado á terraza, orientada ao peirao.
En fase de proxecto e sobre a documentación dos planos de estrutura orixinais de 1947, practicáronse catas no dobre falso teito de rasilla e cartón-xeso (froito da acumulación de actuacións), para comprobar que existía unha estrutura de pórticos de vigas de canto e forxado de nervios "in situ" de formigón, que reforzarían a idea material dunha substancia leñosa convivindo coia materia gris que termina cualificando o teito dos espazos de reunión. O novo "organismo", o axón, insértase como unha peza que articula ese espazo fluído e que alberga todas as instalacións, reflectindo a contemporaneidade da actuación ao tempo que revela as capas anteriores do edificio e con iso, os inicios dunha forma de construír con formigón.