Mirador de A Cova

Mirador de A Cova

Ficha técnica

Autores:

ARROKABE ARQUITECTOS (Óscar Andrés Quintela / Iván Andrés Quintela)

Arquitecto técnico:

Francisco Fernández Novas

 

Colaboradores:

Escuadría (Modelo Cadwork) CIS-MADEIRA / XERA (Control calidade madeira) INOUS Enxeñería Global (Instalacións) Kostka García Goyoaga (Estudante Arq.)

Cálculo estructura de madeira:

ARROKABE ARQUITECTOS
MECANISMO Ingeniería

Empresas madeira:

Grupo GÁMIZ

Promotor:

ADEGAS MOURE S.A.

Construtora:

Carpintería ARXIZ (mirador)
JOSÉ VÁZQUEZ SANTOS (edificación auxiliar_wine bar)

Situación:

Parroquia de A Cova, O Saviñao (Lugo)

 

Ano:

2019

 

Superficie:

207 m2

 

Descrición

Memoria

A nova arquitectura cose e da coherencia espacial as diferentes partes edificadas da bodega e remite coa súa implantación e materialización os valores de respecto ao medio que caracterizan a súa actividade e buscan consolidarse como parte da súa identidade. Responde a criterios diversos, como son a interrelación coa contorna inmediata e a paisaxe circundante; a búsqueda dunha expresividade arquitectónica que a faga recoñecible como imaxe de marca; a economía de medios e "xestos", de tal forma que estes respondan a unha claridade estrutural e funcional que os xustifique, e a búsqueda de matices mediante o tratamento intenso e coidado de cada parte e a súa relación co conxunto.
A construción sitúase no primeiro bancal e ánclase ao muro que salva o desnivel entre este e a pista de acceso. Esta avanza conformando dous niveis de estancias principais; na planta alta a cota do rasante da pista e en planta baixa a altura do primeiro bancal. Unha pequena plataforma sobre o volume do almacén dá lugar a un mirador intermedio a altura do descansillo da escaleira preexistente e conecta mediante unha nova escaleira co nivel inferior dando lugar, xunto a escaleira preexistente no extremo contrario, a un recorrido circular que permitirá as diferentes opcións de uso.
As barandas incorporan unha malla que servirá de tutor para plantas trepadoras contribuíndo á mimetización da edificación e evitando o elevado quecemento derivado das altas temperaturas características da zona en verán.

Estrutura

Sobre o arranque de piares de aceiro, a estrutura resólvese con madeira acetilada de piñeiro, caracterizada polos seus altos niveis de durabilidade e estabilidade. Esta decisión permitu non utilizar acabados con biocidas que poderan acabar afectando a plantación próxima. O detalle construtivo coidouse de maneira consciente para alongar, aínda máis, a vida útil da construción, asegurándose a súa permanencia no tempo e sumándoa, así, ao patrimonio que herdarán as seguintes xeracións.
A madeira tomará un ton grisáceo, derivado da presenza de mofos nas microfisuras da superficie, que funcionarán como testemuña do paso do tempo.
A pequena edificaciíon, que presenta unha barra de servizo para a recepción e atención dos visitantes e un espazo cuberto arredor do devandito mostrador, resólvese cun entramado lixeiro e revestimento de entaboado colocado en diagonal de madeira acetilada carbonizada. Para resolver os remates e proteccións horizontais utilizouse madeira acetilada sen carbonizar.

Sistema estrutural

Estrutura de mirador realizada con madeira acetilada de pino. Edificación auxiliar realizada con entramados de pino e taboleiro OSB e vigas de eucalipto laminado.

Produto  1:  Madeira acetilada de piñeiro clase resistente C22Especie: Pinus radiata
Clase de servizo: 3Clase de uso: 3.1/3.2Tratamento:  -
Produto  2:  Madeira laminada de eucaliptoEspecie: Eucalyptus globulus
Clase de servizo: 2Clase de uso: 2Tratamento:  Funxicida superficial
Produto  3:  Taboleiro OSB-3Tipo de taboleiro: Taboleiro de virutas orientadas
Clase de servizo: 2Clase de uso: 2Tratamento: -
Produto  4:  Madeira de piñeiro silvestre clase resistente C18Especie: Pinus Sylvestris
Clase de servizo: 1Clase de uso: 1Tratamento: -

 

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo 2020_Seleccionada cat. Ciudad y Paisaje. / Premios de Arquitectura y Urbanismo CSCAE 2020_Seleccionada. / Premios Wood Design & Buliding Awards 2020_Primer premio. / BEAU Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo 2021_Selecionada. / Premios a+ Arquitectura Plus 2021_Finalista cat Espacios Públicos e Infraestructuras