Edificio Centro de Servizos "A Ramallosa"

Edificio Centro de Servizos A Ramallosa

Ficha técnica

Autores:

MRM ARQUITECTOS (Miguel Alonso Flamarique, Roberto Erviti Machain e Mamen Escorihuela Vitales)
Antón Varela García 

Colaboradores:

Natalia Reyes Lahoz (Asistencia en fase de proxeto, proceso Breeam e Dirección de Obra)
Diego Chouza. Instra Ingenieros (Cálculo das Instalacións e Certificación BREEAM)

Cálculo estructura de madeira:

Josep Agusti de Ciurana

Empresas madeira:

Josep Agusti de Ciurana
 

Promotor:

GALURESA

Construtora:

Carpintería JOSÉ NEIRA
 

Situación:

A Ramallosa, Teo (A Coruña)

Ano:

2020

Superficie:

337 m2 (edificio) 
5.708 m2 (explanada)

Descrición

Memoria

No medio rural galego, disperso e descontinuo, o Centro de Servizos concíbese como unha dotación para a súa poboación, tanto pola súa singularidade arquitectónica como polo tratamento do lugar, coa vocación de converterse nun novo espazo de encontro nun entorno natural privilexiado.
Ante a incerteza sobre o futuro arredor do modelo de negocio baseado na venda de combustibles fósiles, búscase un novo enfoque e créanse novas experiencias de usuario. Así, o proxecto concíbese como un espazo que xera lugares de oportunidade.
Un edificio flexible e altamente versátil, en continua transformación e capaz de asumir as necesidades cambiantes que se presentan, permeable e en contacto coa natureza, que busca establecer unha imaxe corporativa sustentable e propia.
Un proxecto dunha soa planta, construído mediante un sistema flexible de caixas de madeira e un plano que cobre o espazo público aberto e aberto á paisaxe.
É neste céntrico espazo, onde se sitúa o supermercado e a cafetería, mentres que nos volumes opacos e perímetros de madeira altérnanse espazos servidor para aseos, almacéns, comercios, talleres ou instalacións.
Os volumes opacos amósanse ao exterior mediante unha pel de madeira de piñeiro tratada térmicamente, modificación que lle confire unha gran durabilidade como revestimento exterior.
O edificio obtivo a certificación “Moi Bo” da norma de construción sostible BREEAM, e a letra A en eficiencia enerxética, con consumo enerxético negativo e cero emisións.

Estrutura

A concepción estrutural e construtiva do edificio é de gran coherencia interna: os catro volumes dunha estrutura de entramado de madeira lixeira sosteñen a cuberta central, realizada con perfís metálicos en dous planos (a modo de cubrición etérea, con apoios perimetrais). O espazo central, cunha luz de 9,60 m, queda totalmente aberto e sen apoios intermedios, polo que é un espazo moi versátil e polivalente. Apostou polo deseño non só dun edificio, senón dun propio SISTEMA INNOVADOR, que permitiría dende pequenas ampliacións de edificios existentes ata a configuración dun centro de servizos. Un sistema baseado tanto na dualidade construtiva como na programática, na optimización de superficies útiles e na construción seca e industrializada (favorecida pola estrita modulación do plan e a sinxeleza construtiva). Este sistema está formado por:
Volumes perimetrais de armazón de madeira lixeira: armazón de tacos e viguetas de piñeiro silvestre, taboleiro técnico estrutural (caras externas de fibra e interior de partículas) por ambas as caras e la de rocha de 80 mm.
Módulos de estrutura metálica de 2400 x 2400 mm formados por perfís IPE100, unidos por chapas de aceiro que conforman os soportes (en cruz e en T no ancoraxe cos volumes de madeira) e que permiten a disposición dos perfís IPE a dúas alturas, con unha separación de 500 mm, como unha estrutura etérea. 

Sistema estrutural

Armazóns lixeiros de madeira de piñeiro aserrado e taboleiros técnicos estruturais (caras de fibra e interior de partículas). Chapas e perfís de aceiro a dous niveis para cubrir o espazo central, formando unha reixa de 2400 x 2400 mm.
 

Produto  1: Madeira aserrada clase resistente C18

Clase de servizo: 1    Clase de uso: 1

Especie: Pinus sylvestris 

Tratamento: Funxicida superficial

Produto  2: Taboleiro estrutural Superpan Tech P5 de FINSA  

Clase de servizo: 1    Clase de uso: 1

Tipo de taboleiro: Caras de fibra e interior de partículas 

Tratamento: —

  

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Premios Mapei de Arquitectura Sostenible 2021_Mención de Honor del jurado. / XV Bienal Española Arquitectura y Urbanismo 2021_Obra seleccionada. / IV Premios MATCOAM 2021_Mención. / Premios COAVN 2022 _Finalista cat. Extraterritorial. / Premios Arquitectura 2021 del Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España_Obra seleccionada.