Casa San Vitorio

Casa San Vitorio, en Allariz

Ficha técnica

Autores:

Juan Seara e Berta Peleteiro, Seara Peleteiro Arquitectos

Arquitecto técnico:

Miguel Gallego Otero

Colaboradores:

Fátima Nieves Fernández

Cálculo estructura de madeira:
Construtora:

Jesús Buceta Hábitat S.L. 

Situación:

Allariz (Ourense)

Ano:

2023

Fotografía:

Brais Seara Fernández

Descrición

Os promotores da obra decidiron comezar unha nova vida no rural, abrazando todo aquelo que o entorno lles ofrecía, lonxe desa visión idealizada e romántica que moitos urbanitas teñen do que é a aldea.

Desfrutar do monte, dos camiños, da veciñanza. Desfrutar do inverno e do verán. Pero, sobre todo, desfrutar do espazo exterior. Querían unha casa que lles permitise vivir fóra da casa.

Esa vocación de expandir o ámbito doméstico máis aló dos muros que pechan as vivendas, esixía minimizar o programa funcional, maximizando as potencialidades de uso. Os arquitectos tiveron que articular o imprescindible, fuxindo dos típicos "por se acaso" que tenden a dar como resultado vivendas sobredimensionadas e infrautilizadas, nun exercicio de compactación que lles permitise desbloquear metros e exponxar unha proposta accesible e viable.

Ao mesmo tempo, a vivenda debía aproveitar todas as potencialidades da parcela, adaptándose ao contexto dun xeito respectuoso e sensible coa vexetación existente e coa pendente natural do terreo, pasando desapercibida desde a rúa.

Conxugar o criterio de accesibilidade dunha única planta, garantindo os accesos e minimizando os traballos de implantación levoulles a propoñer unha vivenda elevada, en estrutura palafítica, que permitise o aproveitamento dese intersticio como un gran espazo aberto, que sumados aos existentes no nivel superior, fai que case o 60% da superficie corresponda a espazos exteriores cubertos.

Tres módulos de 7x4 metros (dimensións condicionadas polo transporte dos entramados lixeiros de madeira), nunha disposición concéntrica e xirados 120º, conformando un espazo central triangular, permitiulles "abrazar" as árbores existentes e abrirse ás vistas lonxanas, aproveitando todas as orientacións e respectando os accesos peonil e rodado.

Dito esquema inicial, refórzase conformando un novo triángulo equilátero unindo os vértices alternos, arriostrando o conxunto e conformando uns corredores exteriores cubertos, tan habituais na arquitectura tradicional da comarca.

Unha casa lixeira, esencial e sostible, executada integramente en madeira e pousada sobre unha bandexa estrutural de formigón que permite salvar grandes luces, liberando o espazo inferior e minimizando os puntos de contacto co chan, pousándose, sen apenas deixar pegada.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Premio Gran de Area 2021

Información de Seara Peleteiro Arquitectos