Casa Mouteiras

Casa Mouteiras

Ficha técnica

Autores:

Liqe Arquitectura

Javier Couto Granja

Colaboradores:

Laura Priegue González

María José Núñez Corbal

Promotor:

Noelia Candal Suárez

Manuel González Conde

Construtora:

Cal Baixo Miño Construcciones y Servicios S.L.

Situación:

Valadares (Vigo)

Ano:

2020

Superficie:

282,6 m2

Fotografía:

Descrición

Memoria

Construír a paisaxe non só consiste no tratamento do espazo público senón que, polo contrario, é o conxunto do edificado, do privado, o que outorga a imaxe no ámbito rural ao territorio. A contorna inmediata foi tan transformada que estamos acostumados a atoparnos case de todo nos nosos núcelos rurais, de modo que construír unha peza nova nunha contorna deste tipo foi todo un reto.

Á hora de enfrontarse ao reto de realizar unha vivenda unifamiliar, sempre se atopan coa dicotomía entre un posicionamento integrado no terreo e a pasaixe, ou a búsqueda do protagonismo do conxunto. Neste caso, quixeron fixar a atención neste tipo de construcións sensibles coa contorna, onde non se pretende realzarse sobre el mesmo, senón que se propón ubicar unha peza máis nun puzle que comeza a estar máis que cheo e que apenas permite encaixar novas pezas. De tal forma, a sensibilidade do proxectista para realizar unha lectura comprensiva do territorio fixo que a edificación se integra no territorio.

A vivenda aséntase sobre a natureza cunha tranquilidade suave e sinxela; unha volumetría adaptada á propia pendente permite a xeración dunha cuberta inclinada que se converte nun dos protagonistas externos do conxunto, de modo que a lectura do volume permite configurar mentalmente o funcionamento interno da vivenda, á vez que resolve a integración volumétrica.

A integración material realízase mediante a utilización de madeira en fachada e cuberta metálica, dotando dunha imaxe actual á vivenda, á vez que se integra no lugar e entre as edificacións da contorna. Non se trata de ser protagonista da escena, senón que a intención é xerar paisaxe, contorna, territorio.

A volumetría resólvese mediante un xogo de cubertas que, nos seus quiebros, ademais de integrar a vivenda na paisaxe, acolle un espazo de xogos e saída a un balcón superior e forza, ademais, a consecución dunha pendente axeitada para a futura instalación de paneis solares fotovoltaicos.

Interiormente, a escaleira de comunicación entre os tres niveis serve de separación entre as zonas de noite e de día. 

Retos Construtivos da Obra

Unha vivenda unifamiliar ubicada nunha contorna rural cunha envolvente que prolonga a fachada norte da cuberta, xerando un xogo de cubertas inclinadas que integran a vivenda na paisaxe.

A integración na contorna conséguese tamén coa utilización da madeira de pino tratada en autoclave para a fachada e a cubierta metálica.

O programa resólvese nunha única planta que apoiada sobre un desnivel do terreo que configura o acceso ao garaxe e un xardín que permite a entrada do sol durante todo o día.