Casa en Brión Sistema "Sieteymedio"
Ficha técnica
ARROKABE ARQUITECTOS
Óscar Andrés Quintela
Iván Andrés Quintela
Francisco Fernández Novas
INOUS Enxeñería Global (Instalacións)
ARROKABE ARQUITECTOS
Maderas VILLAPOL
Maderas BESTEIRO
Rosa María Taboada Rey
Víctor José Piñeiro Gallego
JOSÉ VÁZQUEZ SANTOS
Lugar do Tremo, Brión, A CORUÑA
2018
119 m2
Descrición
Memoria
O proxecto que se expón é unha pequena vivenda unifamiliar en planta baixa resolta co sistema "sieteymedio".
"Sieteymedio" é un sistema construtivo en madeira, modulado e á vez flexible, que permite resolver de forma eficiente tanto estrutura como cerramentos exteriores e a relación entre ambos. A imaxe final baséase en pautas de deseño derivadas de boas prácticas construtivas en madeira impostas polo propio material e recollidas en diversas tradicións de construción en madeira testadas polo paso do tempo.
Os clientes solicitaban unha ampla estancia que acollese o salón-comedor-cociña e deixase espazo libre para desenvolver diferentes actividades, tanto profesionais como relacionadas co lecer. O programa complétase en planta baixa cun dormitorio, un baño, espazos de almacenamento e un amplo corredor que suxire distintas posibilidades de uso. A xenerosa altura libre que define o sistema para a súa zona central supleméntase, neste caso, coa modificación da cota dos muretes de cimentación en 20 cm; esta operación xunto á incorporación de parte da cámara de cuberta ao espazo interior da vivenda permitiu xerar un pequeno altillo de carácter multifuncional que envorca, no seu acceso, sobre o gran espazo do salón-comedor.
Estrutura
Os elementos de cada un dos pórticos únense en obra formando un conxunto estable no seu plano, mentres que os módulos de cerramento proporcionan rixidez o conxunto na dirección perpendicular. A prefabricación de boa parte dos compoñentes deixa para a obra unicamente labores de montaxe. Isto deriva nunha montaxe rápida e precisa, acurtando notablemente o tempo de execución.
O sistema resólvese mediante a sucesión dos devanditos pórticos caixón resoltos mediante taboleiros estruturais e pequenas escuadrías laminadas de distintas madeiras:
Frondosas de alta durabilidade (neste caso, Castiñeiro laminado) para os elementos expostos, tanto ao exterior como ao interior do espazo habitado da vivenda.
Coníferas (piñeiro laminado) para os dispostos dentro da cámara, protexidos tanto da humidade como dunha posible situación de incendio.
Sobre estes pórticos colócanse rastreles-correas de madeira aserrada de conífera (piñeiro) que servirán de soporte ao material de cobertura.
O arriostramiento na dirección perpendicular aos pórticos resólvese mediante planos diafragma de taboleiro estrutural OSB-3 tanto en cuberta como en cerramentos verticais.
Sistema estrutural
Pórticos sistema "Sieteymedio" de madeira de castaño laminado, pino laminado e taboleiro OSB.
Produto 1: Madeira laminada encolada de castaño |
Especie: Castanea sativa |
|
Clase de servizo: 1/2 |
Clase de uso: 1/2/3.1 |
Tratamento: Funxicida superficial |
Produto 2: Madeira laminada encolada de pícea GL24h |
Especie: Picea abies |
|
Clase de servizo: 2 |
Clase de uso: 2 |
Tratamento: Funxicida superficial |
Produto 3: Taboleiro OSB-3 |
Tipo: Taboleiro de virutas orientadas |
|
Clase de servizo: 2 |
Clase de uso: 2 |
Tratamento: - |
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
Premios COAG 2019_Finalista cat. Divulgación, Investigación y Diseño. / Premios de Arquitectura de Teja HISPALYT 2017-2019_ cat. Interiorismo obra nueva.