Casa do Taberneiro

Casa do Taberneiro

Ficha técnica

Autores:

ARROKABE ARQUITECTOS 
(Óscar Andrés Quintela,
Iván Andrés Quintela)
 

Colaboradores:

INOUS Enxeñería Global (Instalacións)
 

Cálculo estructura de madeira:

ARROKABE ARQUITECTOS 
 

Empresas madeira:

MADERAS VILLAPOL 
 

Promotor:

José Castro Facal
Manuel Castro Méndez
 

Construtora:

Carpintería José Vázquez Santos /
TRABECON 
 

Situación:

Santiago de Compostela (A Coruña)
 

Ano:

2018

Superficie:

275 m2

Descrición

Memoria

Para resolver o programa (centro socio-cultural e taberna) aprovéitase a disposición dos diferentes niveis interiores do piso, que son consecuencia da diferenza entre o rasante das dúas rúas desde as que se accede ao inmoble, e quedan definidos pola posición dos diferentes elementos de cantería que forman parte da construción muraria.
A rehabilitación contribúe a unha relectura do edificio consecuente coa riqueza espacial que supón este desprazamento das alturas do piso e coa singularidade dos diferentes elementos patrimoniais. A adaptación das cotas da proposta para permitir a recuperación, visibilización e a posta en uso dos devanditos elementos, facilita a comprensión da súa función e necesidade.
Dous lucernarios en cuberta e os ocos nos forxados, na súa proxección vertical, melloran considerablemente a iluminación natural en todas as plantas e axudan a mostrar e significar as dúas lareiras superpostas (elemento máis característico da vivenda urbana na cidade histórica) e clarificar a lectura da sección, facilitando unha comprensión global do volume interior.
Mediante o uso de veladuras brancas nos elementos de madeira laminada e taboleiros contrachapados, auméntase a luminosidade do espazo e clarifícase, ao mesmo tempo que se estiliza a lectura dos diferentes elementos.

Estrutura

O plano de encontro entre os diferentes niveis de piso resólvese cunha cercha de madeira laminada de eucalipto sobre a que descargan, directamente ou a través de tirantes, parte dos forxados e da escaleira. Esta funciona como charnela entre a zona norte (rúa do Medio) e a zona sur (rúa de San Pedro) da edificación.
Os clientes reclamaban un espazo que representase o carácter dun proxecto vocacional, que implica a varias xeracións dunha familia con tradición de tabernieros, que sexa testemuño da tradición, a cultura e a vida do lugar. Exponse, por tanto, un espazo definido pola conservación de singularidades patrimoniais da edificación e pola presentación “en cru” dos novos elementos construtivos e estruturais resoltos en madeira de eucalipto laminado. Utilízanse, ademais, taboleiros contrachapados con acabado de eucalipto que resolven o antepecho (estrutural) da escaleira, a tabiquería do almacén da entreplanta e o volume suspendido sobre a barra que acolle a unidade interior da bomba de calor e, á vista, os barrís de cervexa e viño.

Sistema estrutural

Cerchas e vigas de madeira laminada encolada de eucalipto, e taboleiro contrachapado estrutural con acabado de eucalipto en antepecho de escaleira.

Produto  1: Madera laminada de eucalipto

Clase de servizo: 1    Clase de uso: 1/2

Especie: Eucalyptus globulus

Tratamento: Funxicida superficial

Produto  2: Taboleiro contrachapado estrutural acabado 

Clase de servizo: 1    Clase de uso: 1

Especie: Interior Betula spp. e rechapado en Eucalyptus globulus

Tratamento: —

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

VI Premios de Arquitectura de Teja HISPALYT 2017-2019_Seleccionada cat. Rehabilitación