Casa Cachóns_Vivenda Passivhaus

Casa Cachóns_Vivenda Passivhaus

Ficha técnica

Autores:

ARROKABE ARQUITECTOS 
Óscar Andrés Quintela
Iván Andrés Quintela 
 

Colaboradores:

INOUS Enxeñería Global (Instalacións)
Isaac Fudili Moreno (Enxeñeiro de CCP -  Colaborador en cálculo PHPP)
 

Cálculo estructura de madeira:

MECANISMO Ingeniería 
 

Empresas madeira:

Maderas VILLAPOL 
FINSA 
 

Promotor:

Irene Gómez Ibarlucea
Isaac Fudili Moreno
 

Construtora:

Carpintería JOSÉ VÁZQUEZ SANTOS
 

Situación:

Teo / A CORUÑA
 

Ano:

2018

Superficie:

237 m2

Descrición

Memoria

Casa Cachóns é unha vivenda unifamiliar certificada co estándar passivhaus que forma parte dunha parcela pensada para ser xestionada baixo un modelo permacultural.
A posición e a forma da casa responde tanto a razón de eficacia como á súa relación co espacio da aldea e coa xestión da finca. A edificación resultante, situada na ubicación máis plana da parcela, busca a orientación ideal atendendo as vistas, niveis de sol e ventos dominantes; o volume distorsiónase lixeiramente na planta, co obxeto de recollerse abríndose cara a orientación sur e presentando una soa ventá ao norte, necesaria para un funcionamento óptimo da ventilación natural. Ao noreste resólvese o volume exterior cuberto, que prolonga o volume da viveda e acolle o garaxe e, nun altillo, o espazo destinado ao almacén-taller.
Na planta baixa, a vivenda está formada por un apartamento de dous dormitorios. Os espazos vivideros dispóñense en planta abertos en abanico a sueste-sur-suroeste. As axustadas dimensións combínanse cunha xeometría que permite unha distribución eficaz, perspectivas diagonais de varios espazos concatenados e un aproveitamento importante da luz natural ao longo do día. Arriba, no bajocubierta, un espazo sen nome, con luz natural a nivel do chan, serve agora como zona de lectura e ioga e, probablemente no futuro, como dormitorio principal, habitación de invitados, zona de xogos…

Estrutura

A casa resólvese a dúas augas e contrúese cun entramado lixeiro e estrutura de cuberta de madeira de pino. Os forxados interiores executáronse en madeira local de eucalipto laminado. A cuberta e gran parte dos parámetros verticais resólvense cun revestimento de tella cerámica plana. Para as zonas de estancia e paso habitual máis protexidas dos ciclos da auga e do sol, únicamente se usou madeira termotratada de pino. Ambos tipos de revestimento se colocan sobre un dobre rastrelado de madeira e xeran unha cámara de aire ventilada en toda a envolvente. 
No acceso situado ao norte, un volume de vidrio, que conta con estrutura de madeira de eucalipto e remates de chapa de zinc, resolve a transición a zona de parcela cun caracter máis produtivo e ao garaxe-taller. Este vestíbulo, que é un espazo protexido da chuvia e da insolación directa, conta cun banco corrido e resolve o almacenamento de calzado, pequenas ferramentas e recipientes, roupa de auga, etc.
A cementación resólvese mediante unha losa que se apoia sobre un aislamento de poliestireno extruida de alta reistencia e unha lámina antitermitas. 

Sistema estrutural

Armazóns de madeira aserrada de piñeiro e taboleiro técnico estrutural (capas exteriores de fibras e interior de partículas). O forxado e a cuberta da vivenda son de madeira de eucalipto laminado. A cuberta do garaxe é de pícea laminada.

Produto 1: Madeira aserrada de pino silvestre

Especie: Pinus sylvestris

Clase de servizo: 1

Clase de uso: 1

Tratamento: -

Produto 2:  Taboleiro estrutural Superpan Tech P5 de FINSA

Tipo: Caras de fibra e interior de partículas

Clase de servicio: 1

Clase de uso: 1

Tratamento: -

Produto  3:  Madeira laminada encolada de eucalipto

Especie: Eucalyptus globulus

Clase de servizo: 1/2/3

Clase de uso: 1/2/3.1

Tratamento: Funxicida superficial

Produto  4:  Madeira laminada encolada de pícea

Especie: Picea abies

Clase de servizo: 2

Clase de uso: 2

Tratamento: Funxicida superficial

INFORMACIÓN GRÁFICA

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Premios ASOMA ao mellor cerramento de madeira 2018_ Primeiro premio. / Premios Eficiencia Enerxética AE3 2019 _Finalista cat. Mellor Actuación de Eficiencia Enerxética. / Premios a+ Arquitectura Sostible 2019_Finalista