Sistema EcoTimberCell
EcoTimberCell é un sistema construtivo formado por tres produtos: ETC, ETC Frame e ETC Box. O elemento máis sinxelo é un elemento estrutural lineal (viga/vigueta) alixeirado, en forma de tubo rectangular, formado por dúas pezas de madeira maciza (posibilidade de distinas especies) e taboleiro de fibras de alta densidade (hardboard) de Betanzos HB.
Con distintas configuracións da célula ETC e taboleiros, fórmanse os outros dous produtos: ETC Frame para muros lixeiros de madeira e ETC Box para forxados de altas prestacións. Trátase dun sistema de construción alixeirado e libre de formaldehido engadido porque o taboleiro de fibras non contén adhesivos sintéticos xa que o aglomerante é a propia lignina da madeira.
Trátase dun sistema eficaz que optimiza ao máximo o volume de madeira necesario, chegando ao 80% de aforro respecto a unha viga maciza para prestacións estruturais equivalentes.
A súa prefabricación garante a súa precisión e rápida montaxe en obra, con residuo mínimo. A súa estrutura oca facilita a montaxe.