Fachada de madeira Triplo

Fachada de madeira Triplo

A fachada de madeira de piñeiro triplo con termotratamento Thermopine é un produto de calidade premium.

Este produto formado por tres listóns unidos, con surcos profundos entre eles para crear un aspecto de listón moderno na superficie. A instalación é máis fácil e rápida que instalar listóns individuais. Trátase dun panel machihembrado. É combinable co perfil de facgada duplo.

Este tipo de fachada respecta as características naturais que posúe a madeira e pode empregarse en disposición horizontal ou vertical, tanto en interiores como en exteriores.

A madeira Thermopine presenta os seguintes beneficios:

- Madeira enteiramente natural pois elimínase todo produto químico ou biolóxico no seu tratamento.

- Gran estabilidade dimensional xa que resiste ás condicións climáticas máis esixentes.

- Mellora da eficiencia enerxética pois as fachadas ventiladas de madeira Thermopine son un excelente illante térmico.

- Confort e comodidade ao xerar ambientes naturais con uniformidade e beleza.

- Cumpre os requisitos de certificacións ambientais como LEED, BREEAM ou Passivhaus.

Para manter a durabilidade no tempo require un tratamento superficial, pigmentado e protexido contra os raios UV. Existen opcións en diversas cores de lasurado en fábrica.

Documentos