LUGARES PÚBLICOS DE ESTANCIA CON CARÁCTER BIOFÍLICO. MANUAL DE DESEÑO
No marco da sustentabilidade e o deseño consciente, no ano 2020 a doutora arquitecta Inés Pernas Alonso, xunto con investigadores da Universidade da Coruña e a empresa Galopín Playgrounds, publican o manual de deseño, "Lugares públicos de estancia con carácter biofílico que ofrece unha metodoloxía clara e estruturada para integrar criterios biofílicos nos espazos públicos. Trata de ser unha sinxela ferramenta para os prescritores á hora de avaliar se unha edificación ou deseño cumpre cos requisitos biofílicos.
A biofilia, máis que unha tendencia, unha necesidade
A base conceptual do manual de deseño radica na biofilia, termo acuñado por Edward O. Wilson que describe a afinidade innata dos seres humanos pola natureza. Este concepto non se limite á simple atracción cara os elementos naturais; o deseño biofílico, como se expón no manual, aproveita estes principios para crear espazos que reducen o estrés, melloran a Saúde mental e promoven a conexión emocional coa contorna.
O manual destaca como os espazos construídos poden ser restauradores, aportando beneficios tanxibles como a mellora na concentración, a creatividade e o benestar físico. Nun mundo on de se prevé que o 70% da pobación viva en ciudades nas próximas décadas, o deseño biofílico non só é unha opción estética, senón unha ferramenta para afrontar desafíos como a desconexión social, o cambio climático e o deterioro ambiental.
Dúas partes diferenciadas no manual
O Manual de Deseño está dividido en dúas partes principais, deseñadas para guiar tanto a expertos como a principiantes no deseño biofílico.
1. Marco Teórico: a primeira sección aborda os fundamentos da biofilia e a súa aplicación práctica no deseño arquitectónico. Explóranse as principais teorías como:
a. Os 14 patróns do deseño biofílico que abarcan conceptos como a conexión visual e non visual coa natureza, a presenza de auga e a variabilidade térmica
b. A Teoría dos 24 Atributos que detalla como as experiencias directas, indirectas e espaciais coa natureza poden transformar as contornas urbanas
O marco teórico establece as bases para entender como integrar a biofilia en proxectos arquitectónicos e urbanísticos, proporcionando exemplos e recomendación concretas. Examina como os espazos urbanos poden transformarse para incluír criterios biofílicos. Os conceptos de accesibilidade, funcionalidade e percepción sensorial son esenciais para deseñar contornas que conviden ao descanso, a interacción social e a contemplación.
2. Método e proceso: a segunda parte é práctica e orientada á acción. Propón un método estruturado que se divide en tres etapas:
a. Toma de datos: analiza os aspectos físicos, ambientais, sociais e sensoriais dos espazos.
b. Valorización do lugar: diagnóstica as fortalezas e debilidades do espazos segundo criterios biofílicos.
c. Transformación do lugar: ofrece recomendacións específicas para incorporar elementos biofílicos e mellorar a calidade de vida dos usuarios.
A importancia da madeira no deseño biofílico
O manual destaca o papel crucial da madeira como material no deseño biofílicos. Este recurso, que procede de fontes renovables, non só é estritamente agradable, senón tamén:
Regula a humidade e mellora a calidade do aire grazas a súa porosidade
Reduce o estrés, ao ser visualmente similar ás contornas naturais
Aporta confort térmico, mantendo temperaturas estables en interiores
Ademais, o emprego da madeira alíñase cos obxectivos de sustentabilidade, promovendo unha economía cricular e un deseño respectuoso co medio ambiente.
Espazos públicos que inspiran benestar
Un aspecto esencial do libro é o seu enfoque nos espazos públicos de estancia, como prazas, parques e áreas intermedias en contornas urbanas. Estes lugares, cando están deseñados con criterios biofílicos, poden fomentar:
Interaccións sociais saudables, reducindo barreiras físicas e mellorando a percepción de seguridade
Actividades recreativas e de descanso, conectado xeracións e promovendo o ocio activo
Conexións sensoriais coa natureza, empregando vexetación, auga e luz natural para estimular os sentidos
O manual ofrece ferramentas prácticas para diagnosticar e transformar estes espazos, empregando indicadores claros como a conectividade, o uso social, a iluminación e a calidade sensorial.
Máis aló do deseño: unha filosofía verde
Lugares públicos de estancia con carácter biofílico non só é un manual técnico; é unha chamada a repensar a nosa relación coa contorna construída. Integrar a biofilia co deseño urbano axúdase a reducir os niveis de estrés e ansiedade, aumentar a crteatividad e produtividade e promover a sustentabilidade a través do uso de materiais renovables e estratexias de deseño rexenerativo.
Trátase dunha obra que combina rigor académico, innovación e aplicabilidade práctica. Nun contexto onde a urbanización masiva e os desafíos climáticos esixen solucións creativas, este libro ofrece unha visión transformadora para deseñadores, arquitectos e urbanistas.
Volver á natureza é avanzar cara un futuro máis saudable, inclusivo e sostible.
((Información extraída del libro Lugares públicos de estancia con carácter biofílico. Manual de deseño))