ILLAMENTO TÉRMICO E ACÚSTICO EN ESTRUTURAS DE MADEIRA

A madeira está a vivir un momento óptimo na construción, non só pola súa estética natural ou pola súa baixa pegada de carbono, senón tamén polas súas propiedades técnicas. Un dos aspectos máis importantes é o seu comportamento fronte ao illamento térmico e acústico. Nesta entrada, daremos algunhas respostas detalladas e solucións prácticas no deseño de estruturas de madeira eficientes e confortables.

Illamento térmico en estruturas de madeira

Propiedades térmicas da madeira

A madeira é un excelente illante térmico natural debido á súa estrutura porosa, formada por millóns de celdas que atrapan aire. A súa condutividade térmica está entre 0,12 e 0,18 W/m.K, moi inferior á do formigón, ladrillo ou aceiro.

Isto significa que as construcións en madeira tenden a:

  • Manter a calor en inverno, reducindo a demanda enerxética.

  • Evitar o sobrecalentamento en verán, grazas á súa baixa inercia térmica.

  • Regular naturalmente a temperatura interior, axudando ao confort térmico sen necesidade de sistemas mecánicos complexos.

Ademais, como material biodegradable e renovable, a madeira ten unha pegada ecolóxica moi baixa, o que a converte nunha elección ideal para arquitectura sostible e de baixo consumo enerxético.

Tipos de sistemas construtivos e o seu comportamento térmico

A eficiencia térmica dunha estrutura de madeira non só depende do material en si, senón do sistema construtivo empregado e das capas adicionais que o compoñen. Cada sistema construtivo ofrece unha configuración térmica diferente, afectando a capacidade da envolvente para reducir perdas de calor e manter o confort interior.

Entramado lixeiro (Timber Frame):

Este sistema baséase nunha estrutura repetitiva de montantes de madeira dispostos a intervalos regulares, xeralmente cada 60 cm. Entre estos elementos estruturais introdúcense materiais illantes con la mineral, celulosa insuflada ou fibras vexetais. A estrutura adoita estar revestida por ambos lados con paneis (OSB, placas de xeso, etc.) e pode complementarse cunha capa exterior continua de illamento térmico para mellorar o rendemento enerxético. O comportamento térmico dependerá en gran medida da calidade do sellado e da estratexia para eliminar pontes térmicas, así como da correcta ventilación e protección da envolvente.

CLT

O sistema CLT emprega paneis de madeira maciza formados por capas cruzadas e encoladas de taboleiros. Estes paneis actúan como elementos estruturais e tamén como parte da envolvente térmica. Dado que a madeira maciza ten unha condutividade térmica maior que os illantes tradicionais, adóitanse engadir capas externas de illamento para optimizar o rendemento térmico. A inercia térmica do sistema pode ser aproveitada en climas con oscilacións térmicas marcadas, mentres que a estanqueidade á aire e a continuidade do illamento son factores clave no seu desempeño enerxético.

Post an Beam con recheo illante

Neste sistema híbrido, a estrutura principal componse de piares e vigas que transmiten as cargas, mentres que os muros non portantes poden ser deseñados con liberdade para integrar materiais con altas prestacións térmicas. Isto permite construír cerramentos altamente illados, con combinacións diversas de materiais naturais ou industriais. O sistema facilita a incorporación de capas multicapa nos muros que poden ser optimizadas segundo o clima e a orientación do edificio, logrando un excelente control térmico se se deseñan axeitadamente. 

Estratexias térmicas clave: 

  • Illamento en capas: Combinar illamento entre montantes + illamento continuo exterior evita pontes térmicas

  • Control de vapor: barreiras de vapor axeitadas para evitar condensacións internas

  • Estanqueidade da aire: unha capa hermética (habitualmente polo interior) é esencial para evitar fugas de calor.

  • Deseño bioclimático: orientación, proteccións solares e ventilación cruzada para reducir carga térmica pasiva. 

Illamento acústico en estruturas de madeira

A madeira presenta certos desafíos en termos de transmisión sonora, especialmente no referente a ruído de impacto e ruído aéreo. A continuación, detállanse as estratexias para garantir un óptimo desempeño acústico en estruturas de madeira.

1- Sistema Masa-Reporte-Masa: Fundamento do illamento

O principio físico máis efectivo para o illamento acústico é o sistema masa-resorte-masa que consiste en dispoñer dúas capas ríxidas (masa) desacopladas por unha capa elástica ou absorbente (resorte).

Aplicación en estruturas de madeira:

  • Tabiques multicapa con paneis OSB ou placas de xeso, separados por cavidades recheas con la mineral.

  • Chans flotantes sobre sistemas de amortiguación acústica.

  • Falsos teitos desacoplados da estrutura portante.

Esta configuración interrumpe a transmisión directa do son e minimiza a resonancia estrutural.

2- Desacoplamento estrutural: control do ruído de impacto

Un dos principais retos en edificios de madeira, especialmente en tipoloxías de altura, é o ruído de impacto. O desacoplamento é esencial para evitar a transmisión mecánica do sonido.

3- Illamento de cavidades: recheo absorbente

As cavidades internas entre montantes ou vigas deben ser enchidas con materiais fonoabsorbentes para controlar o ruído aéreo.

4- Pontes acústicas: detalles construtivos críticos

Na práctica profesional, as pontes acústicas adoitan producirse en puntos de unión entre elementos estruturais, ocos técnicos ou pasos de instalacións. A súa correcta resolución é fundamental.

5- Deseño multicapa e solucións integradas

O deseño acústico en madeira non debe resolverse como un engadido ao final do proxecto. Require ser parte do proceso de deseño integral, combinando: materialidade, espesores, secuencia de capas, estratexias de desacoplamento e tratamentos interiores.

6- Avaliación e certificación acústica

Para garantir o cumprimento dos requisitos normativos (como o DB-HR en España ou normas ISO), cómpre prever ensaios acústicos in situ e o uso de ferramentas de simulación acústica en fases de proxecto. 

O illamento acústico en estruturas de madeira debe ser unha oportunidade para innovar en solucións técnicas que aporten confort, calidade arquitectónica e eficiencia. 

En definitiva, a versatilidade técnica que presenta a madeira, combinada con materiais axeitados e unha planificación consciente, permite lograr construcións cun equilibrio perfecto entre eficiencia, estética e habitabilidade.